Categoría

Fichas Didácticas

  • Hai vidas de mulleres e de homes que laten ao compás do pulso do país, a de Carlos Casares é unha delas. Por iso, ademais da súa excelente produción literaria, na súa biografía atopamos a pegada fonda dun intelectual que decidiu comprometerse coa Galicia que lle tocou vivir.

  • Ademais de escritor, profesor e intelectual comprometido co seu tempo, Carlos Casares foi un gran viaxeiro. O seu matrimonio con Kristina Berg levouno a coñecer ben as rexións nórdicas de Europa, un continente que, igual ca outros, como o americano, percorrería en numerosas ocasións debido a viaxes de traballo e de lecer.