CERTAME – CONTÁDENOS O VOSO DÍAS DAS LETRAS

Primavera das Letras abre un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia nos relaten como celebran o 17 de maio. O obxectivo é promover e festexar as nosas Letras durante toda a primavera. Entre todos os participantes sortearemos como agasallo varios lotes de libros.

BASES DO CONCURSO

1. O certame “Contádenos o voso Día das Letras” está aberto a todos os centros escolares de Galicia. O alumnado deberá desenvolver algunha actividade relacionada co autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017: Carlos Casares.

2. Establécense dúas categorías: infantil e primaria.

3. Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc.

4. Os responsables de cada proxecto amosarán na páxina web do seu centro, ou nun espazo virtual similar (bitácora da aula ou da biblioteca, canle de Youtube do colexio…) a actividade/s ou iniciativa/s realizada/s: contos, poesías, carteis, cancións, audios, vídeos…

5. Os centros deben enviar a/s ligazón/s correspondentes á/s súa/s iniciativa/s ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal. Se non contan con páxina web ou blog, poden remitir o material a este mesmo enderezo. No asunto deberá indicarse “Certame Contádenos o voso Día das Letras” e o nome do centro.

6. As iniciativas recibidas incluiranse nun espazo especial da páxina web de Primavera das Letras.

7. O prazo de recepción do material pecha o 10 de maio de 2017. Só se aceptarán actividades realizadas durante o curso 2016/2017.

8. Sortearanse varios lotes de libros entre todos os centros participantes.