Imos cazar palabras: ‘Lolo anda en bicicleta’

Le o seguinte texto e busca no cerello de letras as que están destacadas, a ver se o consegues!

En 1996 a Editorial Galaxia publicou o libro de Carlos Casares titulado ‘Lolo anda en bicicleta’

Lolo quere que os Reis lle traian unha bicicleta, pero por máis que o intenta non o consegue. Así que decide empezar a practicar na do seu pai, un ciclista nefasto. Faino ás agachadas, no garaxe, con tanta insistencia e en tan pouco espazo que acaba por converterse nun fenómeno.

Este novo libro infantil de Carlos Casares é, unha vez máis, un canto á liberdade e ao goce das cousas máis sinxelas: un paseo en bici, unha boa receita, a familia… Lolo anda en bicicleta editouse en 1996 con debuxos de Manuel Uhía, que recibiu por elas o Premio Rañolas ao libro mellor ilustrado. Foi traducido ao valenciano, o catalán e o éuscaro.