Nun dos seus libros derradeiros, ‘O Miño canle de luz e néboa’ (1996), Manuel María fai unha “Proclama aos peixes do río Miño”. Nesta actividade interactiva, por baixo de cada unha destas cartas tes un representante desa fauna do Miño.  Pon en xogo a memoria e une as parellas iguais!

 

Meus amadísimos peixes, ordenados
en tribos, provincias e nacións:
salmóns, troitas, anguías,
escalos, sábalos, lampreas
e aínda o recente blas-blas…

Confederádevos xa coas galiñoas,
cabaliño do demo, parrulos,
arceas e lavancos:
loitade ferozmente
contra tanta polución envelenada
que vos asasina sen piedade
e destrúe a beleza dos ríos
e a perfecta fermosura do mundo.