O can Rin e o lobo Crispín

Le o seguinte texto e busca no cerello de letras as que están destacadas, a ver se o consegues!

En 1983 a Editorial Galaxia publicou o libro de Carlos Casares titulado ‘O can Rin e o lobo Crispín’.

Rin é un can vello e forte que sabe falar (e rezar) en varios idiomas. Ademais, este can Rin relaciónase cos persoeiros máis importantes da provincia. Xeneroso e ben disposto, vese na obriga de ir buscar o médico para atender á doente Palmira de Ignacio. Camiño da casa da enferma aparece o malvado lobo Crispín. Rin terá que facerlle fronte con afouteza.

O can Rin e o lobo Crispín emprega os mellores recursos da literatura oral e unhas pingas de surrealismo para contar unha historia divertida que transcorre nun ambiente rural. A editorial Galaxia editou esta terceira creación infantil de Carlos Casares en 1983, con debuxos de Pedro de Llano. A obra foi traducida a diversos idiomas, coma castelán, catalán ou éuscaro.