En 1954 Manuel María publica o libro ‘Terra Chá’. Alí aparece un poema seu que é moi coñecido: “O carro”. O poema foi ademais popularizado polo grupo Fuxan os Ventos, que converteu os versos en canción.

Velaquí tedes o poema, no que apareceron algúns ocos. Seguro que sodes quen de enchelos todos!

 

No portal Youtube podedes ver este fragmento do programa ‘No bico un cantar’ adicado ao carro galego (O programa foi emitido o día 26 de marzo de 2013). No vídeo aparecen alumnado e profesorado do IES A Sangriña e a interpretación da canción “O carro” por Fuxan os ventos.

Nestoutro vídeo, no espazo oficial do grupo Fuxan os Ventos no mesmo sitio web, podedes ver unha parte do espectáculo ‘Terra de Soños’, gravada durante a actuación do grupo os días 18 e 19 de outubro de 2008 en Santiago de Compostela.

No Portal das Palabras da Real Academia tedes máis información sobre as palabras coas que se definen as partes do carro, en concreto neste artigo sobre Said Armesto:

http://portaldaspalabras.gal/setestrelo/palabras-recollidas-por-said-armesto

No mesmo centro educativo antes mencionado, o IES A Sangriña, elaborouse este material didáctico sobre o carro galego que pode ser do voso interese:
http://www.tecnoloxia.com/carro/carro_gal/index.html

E moi didáctico vos resultará tamén esta peza audiovisual argallada no CEP Campolongo: