En 2000 publícase ‘Camiños de luz e sombra’. Escribiu Manuel María ao respecto:
“Agora, despois de tantos anos, sae á luz, por primeira vez, o texto completo de Camiños de luz e sombra debidamente revisado. Cecais estes versos envelleceron de mais. Non o sabemos. Para nós gardan parte do desasosego e do tremor con que os escribimos hai corenta anos. A problemática existencial e esencial do ser humano non muda doadamente”.

Dese libro extraemos o poema “O soño verdadeiro”. Agocháronse algúns versos… Axúdasnos a ir averiguando cal é o correcto en cada estrofa de entre as opcións que temos?