O voso Día das Letras! (2018)

Ao longo desta Primavera das Letras, escolas de toda Galicia fixéronnos saber das actividades realizadas en homenaxe a María Victoria Moreno. Aquí está a lista completa, por orde de chegada, de todos os centros participantes de Infantil e Primaria no certame contádenos do voso Día das Letras!

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña) leva máis de dez anos elaborando material para o Día das Letras Galegas. A iniciativa conta agora coa colaboración doutra ducia de centros educativos da provincia da Coruña. Neste ano adicado a María Victoria Moreno achégannos un feixe de material moi útil para traballar nas aulas arredor da figura da autora homenaxeada. Entre outros: actividades para imprimir destinadas a Educación Infantil e para todos os ciclos da Educación Primaria, materiais para imprimir en formato cartaz e realizar unha exposición sobre a vida e obra de maría Victoria, marcapáxinas etc.

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
http://seminariogalan.org/inicio/portada/album/

No Seminario Galán participan as seguintes escolas:
CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña), CEIP Fogar (Carballo), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP G. Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), CEIP J. Rodríguez Otero, (Buño-Malpica), CEIP Manuel Murguía (A Coruña), CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Montel Touzet (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)

Audiovisual sobre María Victoria Moreno con rap incluído. Tamén se achega o texto e a versión instrumental para as aulas.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniofernandezlopez/?q=node/112

Videoclip baseado nun poema-conto de María Victoria Moreno. Ten música propia e inclúe unha pequena curtametraxe. Programa de tv no que aparece unha entrevista a Fina Casalderrey falando da vida de María Victoria Moreno

https://www.youtube.com/watch?v=IlkoNdUU_iw

https://www.youtube.com/watch?v=jaF8uoe4i_k

Buscando o vínculo emocional entre a obra e figura de María Victoria Moreno e o alumnado de educación infantil, na EEI Milladoiro, fixeron unha exposición sobre os seus "Cachorros", a súa querencia polos canciños, protagonistas de moitas das súas obras e dirixíndose tamén á súa faceta profesional preferida, a de docente, na que chamaba agarimosamente "cachorros" aos seus alumnos e alumnas. Con tal motivo, escolman:
-datos biográficos, fotografías, retratos e retrincos da súa vida,
-fragmentos e ilustracións das súas obras nas que aparecen os "cachorros",
-textos ou citas nas que fala da súa labor como profesora, a súa maneira de entender o ensino e de relacionarse sen distancias cos "cachorros", os mozos e mozas que asistían ás súas clases.

https://coapalabranaboca.blogspot.com.es/2018/05/os-cachorros-de-maria-victoria-moreno.html

Son moitas as actividades que realizan no centro e nas que interveñen os equipos de EDLG e da Biblioteca "Bibliosoños". Bibiana Santos (coordinadora do EDLG), e Marta Pérez (coordinadora da Biblioteca, achégannos un resumo:

https://sites.google.com/site/mariavictoriamoreno18/as-nosas-actividades

A semana das Letras Galegas no centro é tradición celebrar a semana cultural onde os nenos dos diferentes cursos son os protagonistas. De forma individual, conxunta, autónoma ou ben guiados polos seus titores escollen unha actuación para levar a cabo diante de todos os demais alumnos do centro: tocar un intrumento, representar unha obra de teatro, bailar, cantar, contar chistes... cada un escolle o que mellor se lle da. Este ano os nenos de 6º prepararon a biografía de María Victoria Moreno para logo facer un vídeo.

https://anfe-conganasdeaprender.blogspot.com.es/2018/05/dlg-2018-maria-victoria-moreno.html

"Contamos as Letras Galegas", vídeo musicado no que o alumnado de 3º de Primaria fala da orixe do Día das Letras Galegas e da homenaxeada neste ano 2018.

https://www.youtube.com/watch?v=lNbLb0L_F3w

Proxecto documental integrado sobre o Camiño de Santiago, titulado "As nosas pegadas", no que se integra a homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Realizan unha montaxe coa técnica stop-motion co alumnado de infantil e 1º de e. primaria, empregando os seus debuxos e voces.

http://donmexillon.blogspot.com.es/2018/05/unha-escritora-no-camino.html

Durante varios días traballaron para coñecer a Maria Victoria Moreno Márquez cos carteis e actividades elaborados no segundo trimestre e fixeron algunhas actividades máis por titorías para coñecer a vida desta autora. A música escoitada durante a semana das Letras estivo toda adicada a ela. Nestas ligazóns poden verse con máis detalle:

https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com.es/2018/05/buscamos-na-prensa.html
https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com.es/2018/05/os-bolechas-axudannos-conecer-maria.html
https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com.es/2018/05/xa-estamos-conecendo-maria-victoria.html
https://otarabelosadaysuscontornos.blogspot.com.es/2018/05/dia-das-letras-galegas-2018-maria.html

Dende o EDLG deste centro achéganos ligazón do traballo do alumnado de Infantil explicando como investigaron a biografía e traxectoria como mestra e escritora de María Victoria Moreno. O alumnado de tres anos realizou un mural conmemorativo do día das Letras Galegas 2018. O alumnado de catro e cinco anos realizou unha investigación sobre a biografía da autora que plasmaron nun libro e representaron nunha pequena obra de teatro. Por outra parte, o alumnado de 6º de Educación Primaria leu poemas da homenaxeada ao alumnado de Educación Infantil. Na véspera do Día das Letras Galegas fixeron unha celebración na que contaron como convidada coa filla de María Victoria. Nese acto o alumnado de 6ª de EI representou a obra de teatro sobre a vida da homenaxeada, leronse a dedicatoria a súa filla que está no seu primeiro libro "Mar Adiante" e poemas dos libros " O Cataventos" e " Eu conto ti cantas...".
https://charabiscas.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018_23.html
https://charabiscas.blogspot.com.es/2018/05/maio-mes-da-lingua.html
https://www.facebook.com/ceipsanmartinho/?ref=nf&hc_ref=ARSSSVDRJF8un852fA_PnqWPlqT2011ZcNOT38ygGE-qu0MXZLM9Tr6aEukSk3Dg_Hw

Dende a escoliña da Armenteira aquí nos deixan a información sobre a celebración do Día das Letras Galegas, entre outros, un poema musicado e interpretado por alumnado de 5º e 6º de Primaria.
https://youtu.be/SjnPE3JIBjs
https://www.facebook.com/ceip.armenteira.9/posts/246749829216270
https://www.facebook.com/ceip.armenteira.9/posts/247014105856509
https://www.facebook.com/ceip.armenteira.9/videos/247038879187365/

Dende a biblioteca escolar, e coa colaboración da ANPA, organizáronse diversos eventos para a semana do 17 de maio. Alén de traballar cos materiais de Primavera das Letras, a biblioteca elaborou unha guía de lectura, realizaron unha mostra de baile galego, un concerto didáctico ou chapas conmemorativas, entre outras actividades. Tamén convocaron un certame de redacción sobre onde o alumnado explicaba a quen lle adicaría o Día das Letras.
https://bibliotecadovalle.blogspot.com.es/2018/05/guia-de-lecturas.html
https://aulavalleciclo2.blogspot.com.es/2018/05/letras-galegas-2018.html

Música, recitado e representacións teatrais no Festival das Letras deste centro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/node/28032

Adaptación da obra de María Victoria Moreno, Afesta no faiado, feita pola mestra do CEIP de Palas de Rei, Susana Diéguez Valladares, e representada polas alumnas e alumnos de 3º de EP.
https://www.youtube.com/watch?v=r28xgb0HqUg

Así de fermosos son os murais que debuxou o alumnado do centro. Ver: 1, 2, 3, 4 e 5.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnosasenoraremedios/taxonomy/term/20

O alumnado de 5ºA e B realizou un mural sobre a figura de María Victoria Moreno. Pintaron sobre papeis de xornal, rechearon o debuxo de María Victoria con letras e flores, e escribiron palabras ligadas ao vocabulario da súa obra. Ver imaxes: 1, 2 e 3.

Un feixe de actividades tanto na biblioteca como a través de Radiuvín, a radio escolar da biblioteca do colexio:
Orixe e Biografía de MªVictoria Moreno: Programa radiofónico do alumnado de 3º e 4º de Primaria.
As familias contan en Radiuvín: Nova sección para a radio escolar co recitado do conto en verso Can Branco, can negro do libro Eu conto, ti cantas
I Escaleira Literaria: Acto poético - musical celebrado no Centro Sociocultural de Sober, dedicado á autora homenaxeada. A directora foi unha das participantes neste homenaxe lendo un dos seus textos. Despois, o alumnado encargouse de facerlle unha entrevista na radio do colexio ás organizadoras do acto.
Concerto Letras e Música: A Escola de Música de Sober organiza cada ano un concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas. Neste concerto a parte musical vai a cargo da Escola de Música, o Coro Berea, o Coro Infantil e o alumnado de Música e movemento; mentres que a parte relacionada coas letras, organízaa a Biblioteca Pública Municipal co alumnado que participou recitando textos de María Victoria Moreno entre cada actuación musical.
Certame de Investigación sobre María Victoria Moreno: Propúxoselle ao alumnado unha batería de preguntas sobre a súa vida e a súa obra. Dependendo do nivel ao que ían dirixidas, as respostas ás preguntas podíanse encontrar nos carteis recibidos ou a través da rede.
Certame de Debuxo e Narración das Letras Galegas Biblioteca Nodal de Lugo: Como cada ano o centro participou neste certame en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal de Sober.

O Equipo de Dinamización Lingüística do centro envíanos vídeo sobre a vida de María Victoria Moreno elaborado polo alumnado de 5º de primaria coas ilustracións de Carlos Gallego e os textos de Seminario Galán (subido á canle de YouTube e emitido por radio): https://youtu.be/1QNG56dYa1g
Ligazón para descrgar un libro dixital realizado polo alumnado de 6º de primaria, a partir do vídeo anterior e coa axuda do mestre de galego, dispoñible para dispositivos iOS (iPad, iPhone): https://my.hidrive.com/lnk/08ADC5Pa

Contidos feitos polo alumnado do CPI Virxe da Cela arredor da figura de María Victoria Moreno, recollidos neste blogue: http://radioitinerantecreativa.blogspot.com/p/cpi-virxe-da-cela-ii.html
Os contidos vencellados á autora son:
-Programa especial sobre a súa figura: As letras de María Victoria Moreno
-Conto inspirado nas súas historias: O conto das flores

A relación de actividades realizadas son:
Calendario de Mª Victoria Moreno.
Biografía con pictogramas de Mª Victoria Moreno.
Mural para o día da Paz cun verso dun poema de Mª Victoria Moreno.
Tarxeta de agasallo que inclúe un poema de María Victoria Moreno.
Poema de María Victoria Moreno con StopMotion. Veredicto do xurado de AnxoCasting.
Tráiler especial Mª Victoria. Vídeo co alumnado: entrevista a MªVictoria Moreno.
Vídeo co alumnado: "Quen sabe máis de MªVictoria Moreno?" Vídeo sobre como se fixeron e tomas falsas dos vídeos sobre Mª Victoria Moreno.
Transmisión audioconto: E haberá tirón de orellas? - Exposición Letras Galegas 2018.
Poema musicado de Mª Victoria Moreno..
“Escaperoom" de María Victoria Moreno.
Lecturas de MªVictoria Moreno no centro de día de Eirís. Actividade interactiva con Tinytap: “Que sabes sobre Mª Victoria Moreno?”
Marcapáxinas de Mª Victoria Moreno.
Xogo de memoria con Scratch para educación infantil.
Poema ilustrado de María Victoria Moreno.
Os enlaces nos que se recollen estes recursos son:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipanxodagarda/taxonomy/term/55
http://anxopictogramas.blogspot.com/2018/04/conto-con-pictogramas-pdf-nico-e-minos_3.html
http://anxopictogramas.blogspot.com/2018/02/biografia-con-pictogramas-m-victoria.html
http://biblioanxo.blogspot.com/2018/05/lecturas-compartidas-no-centro-de-dia.html
https://musicoresblog.wixsite.com/mvm-escaperoom

Actividades diversas relacionadas coa vida e obra de María Victoria Moreno, desde o alumnado de Infantil ata 6º de Primaria: murais, crebacabezas, biografía en pictogramas, contos, audiovisuais etc
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniopalacios/node/553

A actividade desenvolveuse pola maioría do alumnado de infantil e primaria. Consistíu nunha carreira de orientación polas instalacións do centro na procura de diferentes personaxes galegos, especialmente centrándonos na figura da homenaxeada deste ano. Casa personaxe propoñía unha tarefa relacionada con el mesmo, e se acadaban a resposta correcta lograban unha peza dun puzle. O crebacabezas final amosaba a figura de Mª Victoria Moreno.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=71&v=rf5zRgsJ_rY

A coordinadora do equipo de EDLG, Cristina Palleiro Novo, fainos un resumo en detalle de toda a actividade:
O alumnado de Educación Infantil e Primaria do centro participou no "X Concurso de Marcapáxinas" que coma todos os anos organizan as Bibliotecas Municipais e o Concello de Zas con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O alumnado realizou diferentes marcapáxinas ligados a vida e obra de Mª Victoria Moreno co fin de homenaxear a escritora deste ano.
O 2 de maio o alumnado do centro de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria disfrutaron e aprenderon da máis sobre a vida e obra da homenaxeada no Dia das Letras Galegas da man de Enrique Mauricio e de Carlos Taboada no Obradoiro Creativo dirixido polo Correo do Vento e promovido polo Concello de Zas.
O 3 de maio o alumnado de 5º e 6º de E.P. aprenderon a facer regueifas e poemas rimados grazas ao obradoiro organizado polo Concello de Zas.
ACTIVIDADES PROPOSTAS POLO EDLG E A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO:
Mural homenaxe a Mª Victoria Moreno.
Co gallo da celebración das Letras Galegas todo o centro educativo, colaborou na confeción dun gran mural xigante, co fin de homenaxear a Mª Victoria Moreno pola súa labor a prol da Cultura e o idioma galego. Todos os cursos dende Educación infantil e Primaria, participaron na elaboración de caricaturas, cómics, poemas, debuxos, resumos e biografía e obra da autora para a súa exposición nun gran mural que se colgou na entrada e hall do centro educativo.

O alumnado de E.i. traballou a obra "O cataventos" polo que colaboraron na realización de diferentes cataventos que aparecen no mural. Porén o alumnado de 6º de E.I. fixo un puzzle ca caricatura de Mª Victoria Moreno ao cal titularon xogamos con Mª Victoria Moreno.
O alumnado de 1º de E.P. traballou na aula un poema do libro eu conto ti cantas. Escribiron o poema entre tod@s e logo fixeron un petisco literario. No cal cada alumno collía un pau cun anaco de biscoito que contiña unha estrofa do poema ao que tiña que ler aos compañeir@s.
O alumnado de 2º de E.P. traballou a obra a obra "A festa no faiado" e fixo un libro fermosisimo con debuxos sobre o conto.
O alumnado de 3º de E.P. traballo tamen sobre un poema da obra eu conto ti cantas.
O alumnado de 4º de E.P. fixo unhas caricaturas sobre a homenaxeada polas Letras Galegas.
O alumnado de 5º de E.P. fixo un cómic sobre a biografía de Mª Victoria Moreno.
O alumnado de 6º de E.P. colaborou na confección dun traballo resumo ca línea do tempo sobre a vida e obra de Mº Victoria Moreno.
O 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas organizouse no centro educativo para conmemorar esta data a I Foliada Tradicional Letras Galegas. Todo o alumnado ca colaboración do profesorado do centro e en especial das mestras de Música de E.P. e Secundaria e grazas tamén a colaboración da profesora María Vila prepararon diferentes cancións e bailes tradicionais galegos, co fin de promocionar e salientar nesta data tan emblemática o folclore e a cultura popular galega.
No blogue da biblioteca do centro tamén se fixo unha reseña cas actividades que se levaron a cabo no noso centro educativo para conmemorar o Día das Letras Galegas o enlace ao mesmo é o seguinte:
https://bibliocpizas.wordpress.com/2018/06/03/letras-galegas-2018/

Tania Guede, coordinadora do equipo de dinamización lingüística do centro, achéganos o resumo da celebración do Día das Letras Galegas
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniocarpintero/node/882

Olga Rodríguez, directora do centro, cóntanos que no centro organizaron unha homenaxe ao Arroás, Mar adiante. Coincidindo co PDI anual: O mar.
http://bemilladoiro.blogspot.com/2018/05/mar-adiante.html

Antonio Ferrer Moreira, coordinador do Equipo de Dinamización da Lingüística do centro, cóntanos do traballo de docentes e alumnado:
Aquí un resumo audiovisual da homenaxe:
http://ghafos.blogspot.com/2018/05/acto-das-letras-galegas-2018.html
E outras actividades (Murais, dípticos, teatro etc):
http://ghafos.blogspot.com/search/label/Maria%20Victoria%20Moreno

Vídeo realizado polos alumnos e alumnas de 6º de Primaria co gallo da celebración das Letras Galegas. Consiste nunha montaxe de creacións plásticas feitas por eles e musicada coa canción de Fuxan os Ventos "Lúa de Prata". O centro conta co permiso do grupo para utilizar a súa música para este fin.
https://terceirociclonavia.blogspot.com/2018/06/o-noso-tributo-maria-antonia-moreno.html

No blog do centro podemos ver en imaxes como festexaron as Letras Galegas neste centro. Por un lado fixeron un mural sobre a homenaxeada, e por outro lado, unha celebración na que gozaron da lectura da biografía, poemas de María Victoria e unha obra de teatro.
http://peregrinosmoreda.blogspot.com/2018/06/letras-galegas.html

Neste vídeo con música de Guadi Galego e unha ilustración de Abi Castillo podemos ver algunha das actividades que fixeron para conmemorar a escritora deste ano, María Victoria Moreno, entre outras, imaxes da visita que lles fixo Pepe Carreiro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/439

O CRA Amencer e o CEIP Carmen García Carrasco celebraron este ano as Letras Galegas cunha convivencia conxunta. Entre outros, fixeron unha xincana de xogos variados que estaban moi relacionados con aspectos da vida e a obra de María Victoria Moreno.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarmengarcia/?q=node/113

Desde a biblioteca do Centro de Educación Especial de Vilagarcía de Arousa, achégannos a información sobre as actividades das Letras Galegas organizadas: actividades e materiais diversos, música e moita festa!
https://garatuxa.blogspot.com/2018/05/dia-das-letras-galegas.html
https://fridakallas.wordpress.com/2018/05/21/dia-das-letras-galegas

Dende Biblioramo,a biblioteca do CEIP O Ramo, chegan as ligazóns ao blogue onde se amosan as actividades levadas a cabo na semana das Letras Galegas 2018.
Tríptico
http://biblioramo.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html
Representación teatral
http://biblioramo.blogspot.com/2018/05/viaxamos-no-tempo.html
Concurso de caricaturas
http://biblioramo.blogspot.com/2018/06/concurso-de-caricaturas.html
Maio e alfombra floral
https://biblioramo.blogspot.com/2018/05/maio-e-alfombra-floral.html

Así foi o Telexornal María Victoria Moreno realizado polo alumnado do centro:
https://youtu.be/B53BqhB8O_0

O centro adicoulle este ano a súa sexta edición da Romaría das Letras a María Victoria Moreno. Música, baile, teatro e moita festa!
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsacoarce/node/632

O alumnado de 6º de primaria preparou unha obra de teatro baseada na vida de Mª Victoria Moreno:
https://recunchodepistacho.blogspot.com/2018/06/obra-de-teatro.html
O alumnado de 2º de primaria adaptou aos monicreques "unha festa no faiado":
https://www.youtube.com/watch?time_continue=15&v=UMs8mDlnqD4

Un feixe de actividade realizaron nunha intensa semana de maio no centro, das que nos amosan exemplo na súa bitácora Ría Atlántica.
https://equipodinamizacion.blogspot.com/search/label/Dia%20das%20Letras

O alumnado de 3º de Primaria, ademais de ler distintas obras da autora homenaxeada, rematou a semana facendo caricaturas da autora. Podedes velas nesta ligazón:
http://gbpequenomundo.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html
Os peques de 5 anos do aprenderon varios fragmentos de poemas do libro "Eu conto, ti cantas..." As actividades realizadas foron variadas: crearon un pequeno libro de poemas de varios autores, para celebrar o día da poesía, gravaron un vídeo recitando os poemas. Ilustraron o fragmento do poema "Xa non teño medo" e gravaron o texto. Creouse un código QR para compartilo. A ligazón á bitácora de aula é a seguinte:
http://colepeques.blogspot.com/2018/03/dia-da-poesia.html
O poema recitado polos peques de 5 anos é o seguinte:
https://soundcloud.com/user-5192008/poema-de-m-victoria-moreno

No blog de EI deixan constancia das actividades adicadas ás Letras Galegas e a María Victoria Moreno. O recuncho de María Victoria, teatro e contos e un tendal de poemas.
http://artellandonocole.blogspot.com/2018/05/teatro-letras-galegas.html
http://artellandonocole.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018_17.html
http://artellandonocole.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html

Mostra das moitas actividades realizadas. Entre outras, Letras en Familia, xornada na que se representou unha adaptación da obra "O Cataventos" coa participación do alumnado, das familias e dos mestres. Elaboraronse disfraces, decorados, houbo ensaios e traballouse coa obra en tódalas aulas. Ademais, este ano estrearon a radio escolar, onde entrevistaron a unha antiga alumna de María Victoria Moreno.
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/822
https://www.ivoox.com/escuchar-audios-rabu-radio_al_11335353_1.html
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/825
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/819

Teatro, lecturas, murais... e mesmo un orixinal trebello móbil sobre os autores das Letras Galegas. Aquí podemos ver unha mostra do moito traballo realizado no centro:
https://natualingua.blogspot.com/search/label/Letras%20Galegas%202018

Xogos, bailes ou unha lectura continuada da obra ‘E haberá tirón de orellas?’, toda unha festa coas Letras Galegas da que nos fan resumo audiovisual aquí.
https://www.youtube.com/watch?v=7HPRZVNryBw
https://www.youtube.com/watch?v=DeY8ogptuJM
https://www.youtube.com/watch?v=zChTjsJbJKs

Logo de investigar sobre a autora, o alumnado de 2º de Primaria ofreceu unha sesión de contacontos sobre ‘O Cataventos’. De seguido todas as aulas presentaron traballos sobre a autora. Posteriormente o alumnado de 6º elaborou unhas divertidas regueifas. Todos xuntos construíron un cartel cunha frase do libro Agnanórise de María Victoria: "As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos". Da man tamén do alumnado de sexto soou na frauta a melodía da Muiñeira de Lugo para rematar a festa cun baile colectivo.
www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/347

O centro traballou nas aulas durante toda a semana das Letras Galegas a vida e obra da autora homenaxeada. Ademais, o alumnado de Infantil e Primaria elaborou murais e cada alumno tivo un modelo de bolboreta para que a decorase ao seu gusto e escribira nela a súa palabra favorita en galego. Houbo cancións, teatro, confección de chapas, coplas de maio, cómic etc.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/752
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/751

Elaboración de marcapáxinas, traballo de actividades interactivas, proxección de audiovisuais e exposición de pósteres e debuxos.
http://mazaricoteca.blogspot.com/2018/05/dia-das-letras-galegas-2018-m-victoria.html

Velaquí o traballo feito polo alumnado de 2º de Primaria e publicado en DisqueTV.
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpisantalucia/node/1492

A vida de María Victoria en dez carteis, O Cataventos adaptado aos máis pequenos e actividades descargables varias. A exposición dos carteis inclúe unha completa guía baixo o título "Unha historia de amor con Galicia".
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipraquelcamacho/letrasgalegas2018

Así nos falan de María Victoria desde este centro ferrolán, nunha actividade elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do colexio co alumnado de Educación Infantil.
https://youtu.be/ro3tpDuLorY

Desde o EDLG do centro Carmen López Freire achéganos resumo audiovisual das actividades do centro, entre outras, unha actividade que consistiu en escribir en diferentes siluetas as palabras preferidas en galego:
http://edlgquirogapalacios.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html

Unha entrevista teatralizada á autora, representación de fragmentos da súa obra, percorrido de poemas polos corredores do colexio ou elaboración dun mural colaborativo son algunhas das actividades do centro.
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2018/06/CEIP-Frian-resumo-Primavera-das-Letras.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/327
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/node/3584

Os rapaces de sexto representaron a obra “A festa no faiado”. Tamén leron o conto“¿E un cacho de bica?” do libro “Eu conto,ti cantas…”. E despois do recreo, todos os rapaces do centro pintaron con xices de cores no chan do patio debuxos relacionados coa obra de María Victoria Moreno.
https://ceipoareal.wordpress.com/2018/05/16/letras-galegas-2018-maria-victoria-moreno/
Tamén dende a biblioteca se realizou un obradoiro coa escritora Eli Ríos enfocado na celebración do Día das Letras Galegas e para coñecer a biografía e a obra de María Victoria Moreno.
https://ceipoareal.wordpress.com/2018/04/17/visita-o-noso-cole-eli-rios/

Dende o CEIP. Lamas de Abade, Fran Varela, coordinador da Biblioteca, achéganos ligazón do blog onde se explica unha das actividades realizadas arredor das letras.
http://bibliotecalamas.blogspot.com/2018/05/encontro-sorpresa-cunha-escritora.html

Tanto no blog da biblioteca como na web do cole, cóntannos das actividades realizadas pola comunidade educativa do centro.
http://ossonosdopirata.blogspot.com/2018/05/marcalibros.html

Nun vídeo recollen a introdución audiovisual elaborada para o festival das Letras Galegas. Ademais, nas semanas previas ao Día das Letras recibiron a visita de Eli Ríos, que fixo unha auténtica maratón didáctica polas aulas. O alumnado tamén entrevistou os profes Jorge, Juanjo e Lucía, escritores ademais de mestres.
http://canistrel.blogspot.com/search/label/Letras%20Galegas%202018

Desde esta escola unitaria, Paula, a mestra responsable, cóntanos do realizado co alumnado de 3, 4 e 5 anos. Para facer o conto "Un cachiño de bica" máis accesible a todo o alumnado empregáronse pictogramas e outros materiais (cuncas, letras, estrelas, fíos de la...). Fíxose a lectura do conto despois de presentar a escritora. Tras a lectura fixéronse preguntas para asegurar a comprensión.
https://escoladeapolveira.blogspot.com/2018/05/letras-galegas.html
Ademais, dentro do proxecto de cociña que leva o colexio realizaron unhas "cestas" para que o alumnado puidese levar o resultado das receitas de cociña elaboradas no colexio. Na imaxes móstrase un exemplo de como usaron as cestas que foros realizadas polo alumnado e decoradas inspirándose nos contos lidos ao longo da semana ( "Eu conto, ti cantas", " E haberá tirón de orellas?").
https://escoladeapolveira.blogspot.com/2018/05/o-biscoito-misterioso.html

A coordinadora do EDLG, Lucía Sevio, cóntanos que o centro celebrou o Día das Letras Galegas bailando unha muiñeira todo o colexio ao unísono, facendo un concurso baseado na autora homenaxeada e un grupo de alumnos fixeron unha obra de teatro en lingua galega. Algunhas das fotografías e vídeos atópanse aquí:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/node/832
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/node/833
Outras ligazóns de interese son:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/node/613
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/node/836
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/node/581

Manuela Becerra cóntanos que o centro realizou as seguintes actividades para celebrar o Día das Letras Galegas:
- Recitado de poemas de Manuel María para homenaxear a nosa lingua.

Vídeo: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/925
- Traballo por aula dunha obra en particular de Mª Victoria Moreno e elaboración duns murais sobre as obras:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/934
-Realización da segunda Carreira pola lingua:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/926
- Mostra de regueifada realizada polos alumnos e alumnas de 5º de EP.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/928
- Creación de enlaces á páxina web de Primaveras das Letras e ao seminario Galán para que toda a comunidade educativa puidese realizar actividades en liña sobre para aprender máis sobre a autora homenaxeada, a nosa lingua e a nosa cultura.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/920

Aquí temos as pezas audiovisuais que nos envía Pedro Meijide, elaboradas polo centro arredor do Día das Letras Galegas.
https://youtu.be/pGky9-wzF94
https://youtu.be/pjX3IdQ44mM

Aquí podemos ver os tres vídeos dos festivais realizados en cada un dos ciclos de Primaria do centro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsantamarina/?q=node/675

Debuxo, chapas, murais, música, baile.... Aquí nos achegan un resumo audiovisual do traballo do centro, "a tope con María Victoria Moreno!"
https://www.youtube.com/watch?time_continue=6&v=wsUkdAWlHhE

Aquí temos exemplo do traballo centro, que inclúe elaboracións con escornabots e realidade aumentada. Tamén algúns debuxos realizados polos máis pequenos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/937
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/902

Exposición arredor de María Victoria Moreno cun mural feito de xeito cooperativo e que albergaba exemplares da escritora acompañados de caixiñas literarias con obras de autores e autoras vigueses e viguesas. Murais, teatro e mesmo edición especial do xornal escolar. Aquí nos resumen un feixe de actividades.
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2018/06/resumo-CEIP-Parroco-Don-Camilo.pdf
Máis información nos blogues de normalización e da biblioteca:
https://fontedosfrades.blogspot.com/
http://aguieira.blogspot.com/

Un anaco de larpeira cunha lectura de María Victoria Moreno. Así foron os petiscos literarios nesta escola!
http://berganteca.blogspot.com/2018/05/celebracion-das-letras-galegas-i.html

Desde a biblioteca do centro, Carmen Forján resúmenos as actividades desenvolvidas para celebrar as Letras Galegas.
https://milcontosporcontar.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html

Teatro, recitado de poesías e traballo de actividades diversas arredor de María Victoria Moreno. Así nolo contan desde o centro.
http://ceipopombal.blogspot.com/2018/05/letras-galegas.html
http://ceipopombal.blogspot.com/2018/05/tres-grandes-mulleres.html

Exposicións, obradoiros, teatro e mesmo obradoiro de alfareiría. Tamén música e bailes en toda unha romaría das Letras Galegas.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/454
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/455

Aquí temos mostra dos diferentes traballos do alumnado do centro, entre outros, a súa propia elaboración arredor de "A festa no faiado".
https://photos.app.goo.gl/hGXd7qxs6sbhYYpD6

Aquí temos exemplo dos traballos e actividades en homenaxe a María Victoria Moreno do centro. Entre outros, o alumnado escribiu poemas, deseñou caligramas e elaborou un cómic sobre a vida da escritora.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcurrosourense/?q=node/770

Aquí temos unha peneira de imaxes relativas ás actividades que esta primavera realizou o centro arredor das Letras Galegas: as campañas “Pon versos a voar” e “Plastiliniza as Letras Galegas”.
Tamén realizaron unha festa coas familias na que 1º, 2º 3º e 4º primaria desenvolveron obradoiros de xogos tradicionais, 5º curso de primaria desenvolveu un obradoiro de baile tradicional galego fusionado con novas danzas e 6º curso de primaria fixo un rap-regueifa no que criticaron os estereotipos sexistas. Ademais, Pedro Brandariz representou coa axuda dos nenos e nenas do público a obra de Mª Victoria Moreno “O papaventos”.
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2018/06/Colexio-Andaina-recursos.pdf

Os nenos e nenas máis cativos quixeron compartir coas familias e co alumnado do centro o seu traballo sobre o libro "Eu conto, ti cantas" de María Victoria Moreno: "Un libro que contén tres contos para nenos e nenas que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas".
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsanclementecesar/?q=node/409

Aquí podemos ver a recreación musical da vida de María Victoria elaborada polo alumnado de 6º de Primaria. Tamén exemplo das actividades realizadas polos máis cativos e unha publicación en liña que recolle o vizoso resultado do certame de debuxo e narración que sobre as Letras Galegas realizou o centro.
https://semprengalego.blogspot.com/search/label/Letras%20Galegas

O alumnado de 4º de Primaria do CEIP Casás acompañado polos seus titores, compartiu xunto co veciño centro anterior, o CEIP Menéndez, unha actividade arredor de María Victoria Moreno. Aquí relatan como falaron da autora e da súa relación con Galicia e coa nosa lingua. Unha festa de música, teatro e poesía que rematou co lema "Fala en galego, pensa en galego, soña en galego e as túas raíces conservarás".
https://semprengalego.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018-co-ceip-casas.html

No blogue "A casa de Pulpi" cóntanos de xeito resumido as actividades realizadas arredor das Letras Galegas. Exposición de carteis, arte plástica sobre os homenaxeados ao longo do tempo coas Letras Galegas, un vídeo sobre "A festa no faiado" e a peza audiovisual "As ás de Xenoveva", onde o propio alumnado de 2º de Primaria fixo os decorados e deulle vida aos personaxes cos seus movementos e voces.
http://acasadepulpi.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html

Muiñeiras, murais, premios literarios e moita festa para celebrar as Letras Galegas!
http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com/2018/05/especial-letras-galegas-2018.html

Retratando a Mª Victoria Moreno:
http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/2018/06/retratando-m-victoria.html
Festival das Letras
http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/2018/06/festival-do-dia-das-letras-galegas.html
Recursos para traballar o Día das Letras (o alumnado de 4º representou "A festa no faiado" e o de 2º C fixo teatro musicado de " O cataventos":
http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018-recursos.html
Primavera das letras no centro:
http://endlmarcosdaportela.blogspot.com/2018/03/primavera-as-letras.html

Desde o centro, Alicia Álvarez, xefa de Estudos e mestra de Música, cóntanos como a comunidade recordou a homenaxeada en cada recuncho:
A música do timbre estaba adicada ao día das Letras Galegas, e como non, a María Victoria Moreno. Para inaugurar a semana das Letras actuou a contacontos Raquel Queizás. Tamén aprenderon a asignarlle aos traballos feitos nestas semanas un código QR que baixando a aplicación nas tablets do cole permitía ver eses traballiños de aulas e dalgunhas áreas como educación física e música. Concretamente dende a área de música, os alumnos de 3º, despois de ler un dos contos da autora, "Eu conto ti cantas" fixeron unha recomendación lectora a través de RadioChancelas, enviado á emisora Radio Tui, canle coa que colaboran dende hai anos xunto con outros colexios.
http://bibliorabbit.blogspot.com/2018/05/programa-radio-eu-conto-ti-cantas-os.html
http://bibliorabbit.blogspot.com/2018/05/dia-das-letras-galegas-maria-victoria.html

Realizaron un festival onde tiveron lugar actuacións de todos os cursos, tanto Infantil como Primaria. Houbo obras de teatro, como Paco Papán do alumnado de 5 anos, recitado do libro de María Victoria Moreno "Un cachiño de bica" etc
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez/?q=node/752
O equipo de biblioteca, ademais de facer unha exposición de libros da autora homenaxeada, realizou un concurso de adiviñas:
http://bibliotecaceipalbinonunez.blogspot.com/2018/05/descubrindo-protagonista-das-letras.html

Na bitácora da biblioteca e da escola podemos atopar un resumo das actividades realizadas durante esta primavera das Letras no centro. Lecturas compartidas todas as semanas, con teatriños e monicreques, visita de escritores, certame literario etc
http://bibliocouceiro.blogspot.com/2018/05/letras-galegas-2018.html
http://bibliocouceiro.blogspot.com/2018/05/x-certame-poesia-couceiro-freijomil.html
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcouceirofreijomil/node/465