O voso Día das Letras!

Ao longo desta Primavera das Letras, escolas de toda Galicia fixéronnos saber das actividades realizadas en homenaxe a Antonio Fraguas Fraguas. Aquí está a lista completa, por orde de chegada, de todos os centros participantes de infantil e primaria no certame contádenos do voso Día das Letras!

Unha adaptación para teatro de sombras da cantiga "O casamento da pulga", un vídeo en lingua de signos ou un concurso e tamén unha exposición de carteis son algunhas das actividades realizadas. Tamén unha completa guía didáctica, titulada Por amor a Galicia, coa participación de toda a comunidade escolar.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedocamino/taxonomy/term/80

Das moitas actividades promovidas polo equipo de dinamización lingüística do centro e pola biblioteca Bibliosoños, das que informan Bibiana Santos (coordinadora do EDLG) e Marta Pérez (coordinadora da Biblioteca), destacan os programas especiais da radio escolar do centro.
https://sites.google.com/site/antonfraguas2019lg/as-nosas-actividades-nas-letras-galegas

Ademais de actividades impresas e interactivas coas que se traballou a vida e obra de Fraguas, Maica López Freire, do EDL do centro, cóntanos estoutra coa que se festexou a Primavera das Letras: a cada grupo deúselle unha bolsa de tea na que tiña que escribir algún texto ou cantigas recollidas polo etnógrafo. Logo de rematadas penduráronse no corredor da biblioteca.
http://edlgquirogapalacios.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html

Desde este centro ourensán o docente Elías Piñeiro envíanos estes dous traballos audiovisuais que nos amosan as pezas musicais elaboradas canda ao alumnado, que poñen acompañamento instrumental e voces á vida e obra de Antonio Fraguas.
https://www.youtube.com/watch?v=JnwcIJGcvdE
https://www.youtube.com/watch?v=CQzheO09JzE

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo (Cee)

Traballos manuais, poesía, música, debuxo. Un feixe de actividades sobre a figura de Antonio Fraguas e o Día das Letras Galegas que podemos atopar resumidas no blog da biblioteca e na web do proxecto anual de infantil e primaria.
https://bibliotecamanuelarial.blogspot.com/2019/05/actos-celebracion-letras-galegas-19.html
http://alimentosvivosmanuelarialmouzo.blogspot.com/

Gracia Tenreiro, coordinadora do equipo de dinamización da lingua galega, infórmanos das actividades principais: primeiro, un documental sobre Antonio Fraguas para traballar nas aulas desde o día 8 de maio e, segundo, a celebración, o día 16 de maio, dunha xornada chea de actos de enxalzamento das nosas letras. Tamén o proxecto "Madriñas e Padriños Lectores", que conseguiu mobilizar a todo o alumnado de infantil e primaria, facendo unha lectura colectiva de obras en galego.
https://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html
https://normalizacioncouceiro.blogspot.com/2019/05/dia-das-letras-galegas-celebracion.html
http://bibliocouceiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas.html

O equipo da biblioteca e o de dinamización lingüística cóntannos no seu blog compartido, As pegadas de Arnaldo, a principal actividade elaborada. Collendo o lema deste ano para as bibliotecas, "Poéticas diversas", realizaron un cancioneiro con poemas que falan e percorren as diferentes etapas da vida e temáticas tratadas na obra de Antonio Fraguas.
http://aspegadasdearnaldo.blogspot.com/2019/05/o-cancioneiro-de-seixo.html

"Viva, viva, viva o galego na escola / se queres molar, galego tes que falar". Desde Redondela, Laura Arias, coordinadora de dinamización da lingua galega desta escola infantil, achéganos o vídeo creado por todo o centro para celebrar o Día das Letras Galegas.
http://escolaamarisma.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html

Velaquí un resumo da intensa actividade no centro polo Día das Letras Galegas. Resolución de encrucillados; xogo de memoria emparellando "Maruxiñas e Pepiños" para aprender etnografía, xeografía e historia de Galicia; actividades plásticas arredor do homenaxeado, un podcast especial na radio escolar dedicado a Antonio Fraguas e unha celebración conxunta no seu recordo.
http://asombradoerbedo.blogspot.com/2019/05/semana-das-letras-galegas-2019.html

O alumnado de infantil fixo un mural sobre unha obra de Antonio Fraguas e participou nos xogos populares organizados polo EDL. O alumnado de primaria participou tamén nos xogos populares e, en colaboración co de infantil, fixo un vídeo sobre a vida do autor. Ademais o alumnado de 3º e 6º realizou un mural coa profesora de Plástica, Ana Quintela, e o asesoramento de Cathia, a profesora de galego.
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpilopezsuarez/node/839

O centro celebrou a súa III Romaría das Letras Galegas en homenaxe a Fraguas. Aquí nos deixan un resumo! https://www.youtube.com/watch?v=uWn20TscVdg

Murais, concurso de relatos e unha canción en galego que fala de potenciar e usar a lingua son algunhas das actividades realizadas esta Primavera das Letras Galegas no centro.
https://www.elprogreso.es/video/a-chaira/rapaces-do-ceip-terra-cha-roman-senten-galego/201905211026301377439.html
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipterracha/galeria/displayimage.php?album=66&pos=22

O equipo de dinamización da lingua galega cóntanos algunhas das actividades realizadas. Unha busca do tesouro onde o alumnado tivo que implicarse, poñer a proba a súa axilidade mental e, sobre todo, gozar aprendendo sobre Antonio Fraguas e o seu gran traballo na recuperación do patrimonio inmaterial. Aquí podemos ver o alumnado de infantil e de 1º e 2º de primaria:
http://augalego.blogspot.com/2019/05/busqueda-do-tesouro-ei-e-1-ciclo-ep.html
E nestoutra ligazón o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria:
http://augalego.blogspot.com/2019/05/busqueda-do-tesouro-ei-e-1-ciclo-ep.html

Un vídeo coa historia das Letras Galegas, unha biografía de Antonio Fraguas, cantigas, unha exposición ou un festival escolar son algunhas das actividades realizadas no centro. Ademais, inspirados no traballo de Fraguas, o alumnado elaborou un libro co que percorre e afonda no patrimonio inmaterial da contorna da propia escola.
http://nlmilladoiro.blogspot.com/2019/05/historia-das-lg.html
http://nlmilladoiro.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html
http://nlmilladoiro.blogspot.com/2019/05/exposicion-letras-ganegas-2019.html

Pandeireteiras, acordeón, danza dos arcos e lecturas, moitas lecturas sobre lendas, gastronomía, tradicións, cantigas...
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipponteporto/node/217
O centro tamén celebrou un festival escolar e realizou un traballo, coa axuda das familias, sobre o patrimonio inmaterial da contorna.
https://drive.google.com/file/d/1T6Q9K-VZhuTK6pa8nrTBf1kLY2YuCtXk/view

Actividade realizada co alumnado de 2º de primaria a partir da aparición na aula dunha misteriosa mensaxe de Antonio Fraguas. 
https://www.youtube.com/watch?v=E1S0XrGm1Zk

No CEIP Do Carballal de Marín fixeron unha romaría popular na honra do labor etnográfico de Antonio Fraguas centrada na propia vila. Houbo xogos populares, comidas típicas, cantareiras e dous pratos fortes. O primeiro consistiu nun cartel crebacabezas. O segundo foi a representación en directo dunha canción orixinal (mestura de rock e hip hop) cun texto de Antonio Fraguas. A versión completa, segundo nos avanza o profesor Víctor Alfonso Castro, estará listo no mes de setembro.
https://www.youtube.com/watch?v=Q1BOYHX5K6c

Desde o centro, Fernando Pazos, coordinador do EDLG, infórmanos de toda a actividade realizada en homenaxe a Antonio Fraguas: unha guía didáctica, un cartel, unha exposición e un concerto didáctico.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/303
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/305
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/307
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmosteiron/node/317
Ademais, fixeron estes recursos en pictogramas: biografíao conto "O Casamento da pulga"canción, e audioconto.
E por último, elaboraron unha serie de dez podcasts que fan repaso da vida do homenaxeado.

Cóntannos que este ano perseguían dúas metas coas actividades sobre as Letras Galegas: unha, achegar o enorme traballo de Antonio Fraguas a prol da nosa cultura e, dúas, afondar no descubrimento e amor pola nosa lingua. Con esa fin puxeron en marcha unha chea de micropropostas. Algunhas delas foron unha guía na que o propio Antonio Fraguas conta a súa vida en primeira persoa (contén descargables con exercicios para todas as idades: infantil, primaria e atención á diversidade), carteis sobre a vida do autor, que decoraron o centro e serviron para actividades nas aulas. Tamén se celebrou un concurso de relato curto inspirado no autor. Os contos gañadores inspiraron unha pequena representación, onde o alumnado exerceu de contacontos (aquí poden verse os vídeos das actuacións). Máis actividades na sección especial da páxina web do colexio.

Dende o equipo da biblioteca escolar, cóntannos como a converteron nun pequeno museo etnográfico con elementos tradicionais:
https://bibliotecadovalle.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html
Tamén nos achegan dous podcasts. O primeiro recolle a charla de María Fraguela na biblioteca:
https://www.ivoox.com/letras-galegas-2019-charla-maria-fraguela-audios-mp3_rf_36153624_1.html
E o segundo, o concerto de Manuela e María con zanfona e pandeireta:
https://www.ivoox.com/letras-galegas-2019-manuela-e-maria-zanfona-e-audios-mp3_rf_36153925_1.html

Esta peza teatral interpretada polo alumnado foi o eixe principal da homenaxe a Antonio Fraguas no centro.
https://www.youtube.com/watch?v=Xq3OJCgvD6c

O alumnado de educación infantil traballou sobre as cantigas recollidas por Fraguas. Velaquí en vídeo un exemplo do seu traballo!
https://www.youtube.com/watch?v=FwZ3FxD2CFc

Velaquí a homenaxe da comunidade educativa deste centro á vida e obra de Antonio Fraguas como divulgador da nosa cultura. O vídeo foi realizado coa colaboración do alumnado, cos seus debuxos, mans solidarias e voz.
https://www.youtube.com/watch?v=CRFojDe1kCM

CEIP Soutelo de Montes (Forcarei)
CPI Atios (Valdoviño)
"Romarías do mar e do interior" é a actividade conxunta elaborada por alumnado destes dous centros. Inspirándose no legado de Fraguas, fixeron cadansúa investigación sobre as romaxes da súa contorna, compartindo o traballo axudados polas novas tecnoloxías.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutelomontes/?q=node/451

O alumnado de 4º e 5º de educación infantil realizou un feixe de actividades en homenaxe a Antonio Fraguas centrándose no traxe tradicional. PDF
Máis información no blog Charabiscas.
http://charabiscas.blogspot.com/search/label/A.%20Fraguas

Velaquí as actividades realizadas polo alumnado: arredor do libro-cedé de Xoán Curiel que homenaxea a Antonio Fraguas; retratos do autor; lecturas e traballos manuais a partir do Cantigueiro de Cotobade etc.
http://auladeribadumiab.blogspot.com/search/label/ANTONIO%20FRAGUAS%202019

Tania Mirás, do EDLG, resúmenos as actividades: traballos de investigación coa participación das familias; toponimia de Galicia (procura de topónimos que están desaparecendo na contorna de Carballo); exposición do traballo de investigación nos corredores do centro; o alumnado de 6º de primaria fixo unha versión en galego da canción “Yo ya no quiero na” titulada “Está nas nosas mans”; organizouse a 3ª Carreira pola Lingua; e finalmente, o alumnado de 6º de primaria participou no I Certame Escolar de Podcast e Relato Radiofónico Xosé Mosquera Pérez, no que quedaron finalistas.
http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/2019/05/celebracion-letras-galegas-2019.html
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/taxonomy/term/40

O centro traballou durante todo o curso nas aulas diversas actividades sobre Fraguas. Subliñan para nós o seu acto festivo anual no bosque da escola. Tamén a Gala das Letras e outras iniciativas das que nos falan nestas ligazóns.
http://contosebigotes.blogspot.com/2019/06/letras-galegas-2019.html
http://contosebigotes.blogspot.com/

Unha biografía de Antonio Fraguas en banda deseñada, un podcast sobre a vida e obra do autor, traballos de investigación sobre lendas, plantas aromáticas ou cantigas populares, coplas, murais etc. Ademais, tamén foron finalistas do certame de pezas radiofónicas Xosé Mosquera.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniopalacios/node/599
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniopalacios/node/601
https://cooltureco.blogspot.com/p/antonio-fraguas-fraguas.html

O centro achéganos unha  vídeo-creación inspirada nas coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade, realizada por alumnado do 3º ciclo. A música é interpretada polo alumnado e a mestra de música, sobre unha canción de Susa Herrera. Tamén subliña a obra de teatro "O piollo e a pulga" e o baile e o recitado de coplas que fixo o alumnado de infantil, e a visita de Montse Rivera, de Leilía, co obradoiro "Fraguas, cóntoche un traxe".

Elaboráronse murais xa pola época do Entroido onde traballou todo o alumnado do centro (agás infantil). En maio fixeron unha xincana de investigación no recinto escolar. Outras actividades foron a confección dun cantar de cego sobre o autor, a exposición etnográfica do Entroido inspirada nos traballos de Fraguas, a exposición na biblioteca dos libros do e sobre o autor homenaxeado, a elaboración da revista Furafollas e os contacontos e a investigación etnográfica "sobre o meu lugar".
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpiantoniofailde/
http://abibliodecambeo.blogspot.com/2019/05/letras-galegas.html

O etnógrafo X.M. Reboredo, a escritora Malores Villanueva e os académicos Francisco Díaz-Fierros, Clodio González e Rosario Álvarez son algunhas das persoas entrevistadas que podemos escoitar na iniciativa realizada entre os meses de setembro e abril baixo a titorización de Luis Aldegunde. Un telexornal que, por suposto, nesta ocasión está dedicado a Antonio Fraguas. https://www.youtube.com/watch?v=N8IBu0u50w8

O alumnado de 5º de primaria, xunto coa titora María Begoña Santiago Otero, celebrou as Letras Galegas cunha serie de videopoemas, entre outras propostas.
https://www.youtube.com/watch?v=26XeGAVJuHw
http://normalizaaxunqueira.blogspot.com

A directora Aurelia Picallo achéganos ligazón ao blog "Debullando historias" onde destacan unha iniciativa lúdica en homenaxe a Fraguas. Tratouse dunha actividade na que o alumnado debía axudar a doce superheroínas do universo Marvel a completar o "Informe Antonio Fraguas" buscando información oculta e resolvendo problemas.
http://debullando-historias.blogspot.com/2019/06/gamificacion-informe-anton-fraguas.html

"Con Antonio Fraguas valoramos aínda máis o noso idioma e a nosa contorna", cóntannos desde o centro. "Imaxina en Galego" foi o lema do cartel elaborado polo alumnado aproveitando unha saída escolar.
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/918

Teresa Abella infórmanos de que cada aula elixiu un tema para estudar a obra de Antón Fraguas. Por exemplo, os de 2º fixeron un mural sobre os apeiros do agro. Na ligazón podemos ver imaxes e un vídeo da celebración.
www.edu.xunta.gal/centros/ceipostilos/node/440

Ángeles Ferrón destaca para nós unha exposición de carteis a partir de elementos da arquitectura popular, a distribución pola vila de lousas-poema cunha suxestión de percorrido para as familias, un acto poético musical na Casa da Cultura do Milladoiro, a iniciativa ambiental e artística de construír un hórreo con material de refugallo, o maio vexetal e a exposición de faros.
http://coapalabranaboca.blogspot.com/2019/05/2019-ano-de-antonio-fraguas-fraguas.html

O EDLG destaca a regueifa composta por todo o alumnado do centro sobre a vida e obra de Antonio Fraguas. Velaquí!
http://dinamizasanroque.blogspot.com/2019/06/blog-post.html

Unha actividade lúdica dedicada a Fraguas é a iniciativa destacada que nos conta Cristina Palleiro, coordinadora do EDLG. Os grupos tiñan unha caixa pechada con cadeados e un tempo límite para abrila. Para iso debían superar diferentes retos. Co título "Roubo no Museo do Pobo Galego", ían afrontando probas baseadas na tradición e cultura popular galega. Aquí podemos ver un resumo do xogo e vídeos das actividades en infantil e primaria.
https://youtu.be/rb1FMuwIIxU
https://youtu.be/t-K1D6GvWJg
https://fontejose.wixsite.com/roubonomuseo
http://listoscomaallos.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html

Teatro, murais, bailes e cancións son algunhas das actividades que nos conta a directora Mª José Piñeiro. Realizouse ademais unha exposición sobre o traxe tradicional. Aquí podemos facer un repaso a todo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisaacperal/node/1635

Cóntanos Isabel Rodríguez que durante a semana das Letras fíxose un mural exterior, un concurso de escritura rápida, bailes, maios e coplas inspirados en Fraguas e a súa obra. Tamén se editou a revista escolar A nosa lingua sempre viva e repartiuse entre a comunidade educativa un ramallo coa mesma mensaxe acompañada dunha frase de Fraguas: "Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra". O resumo da información, aquí:
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-EMilia-Pardo-bazan-2019.pdf

Destacan para nós as seguintes actividades, que podemos ver na ligazón: murais, biografía, a XII Romaría das Letras Galegas, sala de escape etc. https://natualingua.blogspot.com/search/label/Letras%20Galegas%202019

A mascota de Bibliocervo guíanos a través das actividades en homenaxe a Fraguas. Puca está moi intrigada... Quen é Antón Fraguas? Ela xa sabe que é o escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, pero quere saber moito máis! Para iso preparou un divertidísimo "Puca quere saber" no que poderemos aprender moitas cousas sobre a súa vida e obra, a través do traballo cos "escornabots".
http://bibliocervo.blogspot.com/2019/05/puca-quere-saber-sobre-anton-fraguas.html
Nesta ligazón de twitter tedes un vídeo do alumnado de 5º e 6º empregando este material:
https://twitter.com/CEIP_de_CERVO/status/1128669171909312512

Cristina Breijo destaca para nós a Semana das Letras. Entre o 20 e o 24 de maio deuse os bos días coa lectura de coplas populares a través da megafonía, repartiuse materiais didácticos entre os docentes e realizáronse actividades divulgativas da vida e obra de Antonio Fraguas. Ademais, houbo un acto especial das Letras Galegas con diferentes actuacións.
https://xavedes.wordpress.com/2019/05/20/anton-fraguas-letras-galegas-2019/

Organizaron bailes, música, contos e mesmo unha merenda para celebrar as Letras Galegas. Ademais xuntáronse co veciño CEIP A Lomba en dúas sesións de contos de Pedro Brandariz sobre Fraguas e a súa terra natal.
https://fridakallas.wordpress.com/2019/05/26/letras-galegas/
https://garatuxa.blogspot.com/2019/05/contada-co-ceip-anexo-lomba.html

Durante os meses previos a este día traballouse nas aulas a figura de Antonio Fraguas e fíxose unha pequena exposición con carteis representativos da vida e obra do homenaxeado. Organizouse unha actuación de todo o colexio con música e baile tradicional. Aquí podemos ver un vídeo.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampomaior/system/files/LG2019-720.mp4

Ademais de celebraren un día de festa no que foron convidados a vestiren traxes tradicionais, os alumnos e alumnas de 6º de primaria fixeron un vídeo para dar a coñecer a Fraguas. O alumnado de infantil asistiu a unha representación de monicreques, "O casamento do piollo e a pulga". Despois xuntouse todo o colexio para escoitar música tradicional e bailar unha muiñeira. Tamén fixeron unha xornada de xogos populares.
http://recantodoscativos.blogspot.com/2019/05/
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e4459344d4445334d6a4d3d0d0a?title=LETRAS&image=4e4459344d4445334d6a4d3d0d0a.jpg
http://aprendendocogalego.blogspot.com

Andrés Pérez Coello, coordinador do EDLG, cóntanos as principais actividades: un xogo inspirado en Rosalía de Castro, un quebracabezas cooperativo sobre Antonio Fraguas a partir dun xogo de preguntas feito tomando como base a web de Primavera das Letras; lectura de poemas de escritores/as galegos; teatro con Pedro Brandariz, e a interpretación do Himno galego coas frautas en colaboración coa profesora de música.
http://alagoaderosalia.blogspot.com/

A Carreira polas Letras e unha festa con moita música e baile foron os eventos principais. Desta volta contaron coa colaboración do grupo de música tradicional local Viqueiras. Aquí podemos ver unha peneira de fotos.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=node/620

A lectura da biografía de Fraguas abriu os actos do Día das Letras Galegas no centro. Logo, o alumnado interpretou a peza "O moucho", cantiga incluída na obra Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade. E segundo nos contan, o baile pechou un evento pensado "para celebrar con orgullo a nosa identidade galega".
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedomar/node/892

A directora Mª Carmen Liñares achéganos as ligazóns das bitácoras do centro onde temos o repaso das actividades. Entre elas, subliña o festival, que incluíu:  unha representación teatral, recitado de poemas, un lipdub etc. Tamén participaron no certame literario do Concello de Ames e fixeron un camiño de versos polo paseo fluvial de Bertamiráns.
http://agrobiblio.blogspot.com/2019/05/antonio-fraguas-letras-2019.html
http://agromuinoendl.blogspot.com/2019/03/letras-galegas-2019.html

Segundo nos conta a directora, Lourdes Fernández Ruiz, entre as actividades máis destacadas está a homenaxe a Fraguas que incluíu a montaxe dun museo das "palabras esquecidas". Foi realizado con materiais de reciclaxe e achegas de instrumentos musicais, roupa, xogos, apeiros de labranza e de pesca, así como nomes de paxaros e peixes. Tamén contaron co grupo Arde lume. Xuntos cantaron a Galicia e a Antonio Fraguas.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontesbainha/?q=node/507

Desde esta pequena escola que xunta pouco máis de 30 nenas e nenos, a profesora Pilar destaca a actividade "pop-art" que fixeron en homenaxe a Antonio Fraguas e que decora a entrada do colexio.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxedaluz/

Cóntanos María Aurora Villar Hermida, coordinadora do EDLG, que o alumnado comezou coa investigación sobre Fraguas para participar no certame de carteis para as Letras Galegas, xa no mes de outubro. En xaneiro crearon un Symbaloo onde foron pendurando ligazóns a páxinas con información interesante sobre Antonio Fraguas e algunhas das actividades que realizaron sobre o homenaxeado (vídeos en lingua de signos e recitado de coplas). Tamén trataron de relacionar a Antonio Fraguas con Xesús San Luís Romero, o zapateiro poeta carballés que dá nome ao colexio. Mostraron no Taboleiro da Lingua unha selección de coplas recollidas por Antonio Fraguas. Visitaron o Museo de Carballo e realizaron logo un cómic para explicar a súa historia. Cóntannos máis no blog do centro.

O centro destaca o traballo realizado sobre o labor etnográfico de Fraguas, como no caso da elaboración de carteis sobre a súa biografía. Despois, cada clase escolleu unha temática das coplas de Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade para preparar a actividade central co grupo etnográfico da contorna: O Fiadeiro. Subliñan tamén o obradoiro de Alba Faro con vídeos de recollidas reais de folclore e mostras das variantes dialectais do galego. Finalmente, elaborouse a revista escolar Folerpas, co traballo de cada aula e outras coplas recollidas polo alumnado en Chapela e coa colaboración das familias. Nas redes sociais da escola teñen máis información.

Despois de semanas de traballo, ambientación de corredores e actividades de divulgación, a véspera do Día das Letras acolleu o maior evento do centro en prol da lingua. Segundo nos conta David Rial, coordinador do EDL, o acto abriu coa representación da historia do casamento da pulga e a mosca. Logo reflexionaron sobre a nosa lingua e fixeron unha investigación sobre as palabras, expresións e refráns máis típicos da nosa cultura. O alumnado de 5º de primaria deu continuidade á tradición de crear un vídeo sobre a vida e obra do homenaxeado coa axuda do material do Seminario Galán. Aproveitando os contidos do recurso anterior crearon un libro dixital para iPad.

CEIP Plurilingüe de Carballedo (Cerdedo-Cotobade)
CEIP de Tenorio (Cerdedo-Cotobade)
Os dous centros organizaron e acolleron conxuntamente a presentación este ano da Primavera das Letras, á que dedicaron un intenso traballo e agarimo xa que o homenaxeado, Antonio Fraguas, era veciño nacido nestas terras. Alumnado e docentes prepararon un conto en formato kamishibai, "Antonio, o da aldea", que acompañou unha fermosa representación teatral. Tamén fixeron numerosos traballos plásticos e de investigación, tal e como se pode ver na ligazón.
http://bibliocarballedo.blogspot.com/2019/03/primavera-das-letras.html

Cóntanos Lorena Toimil, coordinadora do EDL, que este ano celebraron o Día das Letras Galegas "como máis lle gusta ao alumnado, xogando". Os nenos e nenas de máis idade organizaron e compartiron co resto da escola un xogo de probas variadas que tiñan como premio pezas dun quebracabezas sobre Antonio Fraguas. Aquí podedes ver algunhas fotos: https://edlgxixirei.blogspot.com/2019/05/dia-das-letras-galegas.html

Esta escola salienta a ambientación dos corredores e das aulas, os xogos populares, os murais, os obradoiros de artesanía, a exposición de pezas do noso pasado, o photocall das Letras, a música en vivo e o baile conxunto da muiñeira. Aquí podedes ver algunhas das fotos das actividades.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidroparga/?q=taxonomy/term/48

Desde O Recuncho de Perico cóntannos que iniciaron a semana das Letras Galegas co conto do "Casamento da pulga", ao que lle puxo voz na biblioteca do centro unha nai. Seguiron coa elaboración do maio "A casa de Sabela", relacionando a liña de traballo do centro coa recollida de folclore popular. Tamén fixeron un xogo de birlos adaptado con pictogramas das personaxes do conto e un quebracabezas da caricatura do autor. E para rematar, houbo unha festa cun gaiteiro, recitado de anacos das coplas do Cancioneiro de Cotobade adaptadas e a presentación do conto "Maruxa". Ademais, fixeron obradoiros de sensacións baseados nos poemas recollidos por Antonio Fraguas.
https://orecunchodeperico.blogspot.com/
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceemino/node/277

Así nolo conta Mª Carmen Bello Flores desde o EDL: "El, xunto a outros grandes galeguistas, fixo posible que o galego non desaparecera. Nós quixemos contribuír cunha humilde achega e rematamos o curso pensando no futuro: enterramos no patio do colexio unha cápsula do tempo na que colocamos as palabras que non queremos que se perdan nunca. As árbores tamén forman parte da nosa cultura e da nosa vida, así que acompañando á cápsula plantamos loureiros, carballos e castiñeiros". Ademais, animaron a veciñanza a usar a lingua coa actividade Nós galegaremos nas tabernas, unha campaña de dinamización lingüística no ámbito da hostalaría que pretende pór en valor o uso da lingua galega.

Cristina Abuín achéganos o texto coa obra de teatro escenificada na celebración das Letras Galegas. Nela represéntase unha taberna típica galega, a taberna de Antonio, ambientada cos traballos feitos polos alumnos de 2º de primaria que pescudaron sobre os elementos que identifican a nosa comunidade.  Ao longo do curso os alumnos foron traballando diferentes aspectos da cultura galega que na obra de teatro se relacionaron coa figura de Antonio Fraguas: procura de lendas e curiosidades da cultura popular, investigación sobre festa gastronómicas e tradicións como o entroido etc.
http://www.milagrosaoleiros.com/letras-galegas-2019/

Susana Crespo, coordinadora do EDL, achéganos un resumo da actividade en homenaxe a Fraguas: un mural das letras, exposición de traxes tradicionais, quebracabezas de diferentes pezas, encrucillado, xogo dos botóns, obradoiro de carautas de Fraguas, obradoiro de marcapáxinas etc. http://normalizacioncabeiro.blogspot.com/search/label/LETRAS%20GALEGAS http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2019/07/CEIP-Porto-Cabeiro-2019.pdf

Catalina Vilanova, coordinadora do EDL, cóntanos como "Telepeña" afondou na vida e obra de Antonio Fraguas. Un rapaz e unha rapaza de sexto de primaria guiáronnos polas distintas actividades que prepararon con entusiasmo os nenos e nenas de todas as etapas do colexio. Grazas a eles puidemos coñecer o vocabulario das distintas profesións galegas que estudou o autor e as partes do traxe tradicional. Tamén destacan a actuación das “avoas marchosas” e o concurso de “Pasafraguas”.
http://www.colexiomariaassumpta.com/?p=7982

Sara Varela achéganos este vídeo que resume como as oito escolas do colexio rural agrupado de Ponteceso e Malpica uniron forzas para celebrar a Primavera das Letras co alumnado de infantil e primaria.
https://www.youtube.com/watch?v=4-MXtF8nJe0&

Desde o blog O Vagalume da lingua fan para nós un repaso das principais actividades en homenaxe a Fraguas: murais, cantigas, exposición, certame de redacción e de marcapáxinas etc.
https://vagalumedalingua.blogspot.com/2019/06/o-noso-maio-polo-dia-das-letras-galegas.html
https://vagalumedalingua.blogspot.com/2019/06/17-de-maio-dia-das-letras-galegas.html

Paula Casal, coordinadora do EDL, fálanos da exposición etnográfica que decidiron dedicarlle a Antonio Fraguas. "Gustounos a idea pola teima que el mesmo tivo de preservar as nosas tradicións e cultura e crear o Museo do Pobo Galego. O alumnado trouxo un apeiro que se empregaba antigamente cunha ficha cuberta sobre o mesmo. Montamos a exposición con diferentes categorías e posteriormente gravamos o vídeo que aquí vos deixamos".
https://www.youtube.com/watch?v=TbGzQcoJPiE&

Carmen Forján cóntanos as principais actividades en homenaxe a Fraguas: un díptico sobre a súa vida e obra, marcapáxinas, a exposición "Somos memoria", carteis das Letras, unha conversa coa escritora Eli Ríos etc.
http://milcontosporcontar.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html

Carmen Penedo, coordinadora do EDLG, cóntanos as principais actividades: a II Romaría das Letras, un obradoiro de olería, charlas divulgativas, xogos tradicionais, a visita do escritor Héctor Cajaraville ou un concurso sobre a vida e a obra do autor homenaxeado.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/698
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/696
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/695
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsigueiro/node/704

Lidia Plana salienta o certame literario organizado no centro, que podemos coñecer polo miúdo a través desta ligazón.
http://sofiacasanovaculleredo.blogspot.com/2019/05/as-nosas-letras.html

A escola organizou actividades musicais, bailes, concursos e moita xolda da que nos fan un repaso polo miúdo nesta reportaxe fotográfica.

A escola aproveitou ilustracións da Primavera das Letras para elaborar un cartel de introdución á figura de Antonio Fraguas. E entre outras actividades, tamén fixeron unha carauta rodeada de textos do autor.
https://bibliorrodis.blogspot.com/2019/05/letras-galegas-2019.html
http://ospequechosdevilarrodis.blogspot.com/2019/05/dia-das-letras-galegas.html

O tradicional festival das Letras Galegas do centro foi a principal actividade en homenaxe a Fraguas. Cóntanos Marisol Fernández, secretaria do centro, que ademais de destacar a súa figura e a súa obra, os nenos de 2º de primaria recitaron cantigas do Cancioneiro de Cotobade. E os maiores de 6º de primaria representaron "O Casamento do piollo e da pulga" xunto con outras actuacións onde a nosa lingua era a protagonista.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipalbinonunez/?q=node/845

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), leva máis de dez anos elaborando material para o Día das Letras Galegas. A iniciativa conta coa colaboración doutra ducia de centros educativos da provincia da Coruña. Neste ano dedicado a Antonio Fraguas Fraguas achégannos un feixe de material moi útil para traballar nas aulas arredor da figura do autor homenaxeado.
http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
http://seminariogalan.org/inicio/portada/album/
No Seminario Galán participan as seguintes escolas:
CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña), CEIP Fogar (Carballo), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP G. Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), CEIP J. Rodríguez Otero, (Buño-Malpica), CEIP Manuel Murguía (A Coruña), CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Montel Touzet (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)