O voso Día das Letras!

Escolas de toda Galicia fannos saber das actividades realizadas en homenaxe a Ricardo Carballo Calero. Aquí está a lista completa, por orde de chegada, de todos os centros participantes de infantil e primaria no certame contádenos do voso Día das Letras!

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), leva máis de dez anos elaborando material para o Día das Letras Galegas. A iniciativa conta coa colaboración doutra ducia de centros educativos da provincia da Coruña. Neste ano dedicado a Ricardo Carballo Calero achégannos un feixe de material moi útil para traballar nas aulas arredor da figura do autor homenaxeado. No Seminario Galán participan as seguintes escolas: CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña), CEIP Fogar (Carballo), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP G. Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), CEIP J. Rodríguez Otero, (Buño-Malpica), CEIP Manuel Murguía (A Coruña), CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Montel Touzet (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)

Un proxecto pensado para alumnado de 3 a 12 anos. Naceu como espectáculo familiar, estreado con moito éxito no Teatro Jofre de Ferrol. Na rede podemos ver todo o material: conto, música e unidade didáctica no enderezo www.aspitas.gal.

Telexornal Carvalho Calero realizado polo Departamento de Lingua e Literatura Galega do centro.
- Telexornal completo
- Avance do Telexornal
- Tráiler do Telexornal

O blog O murmurio das palabras publica o material creado no centro. As achegas foron creadas a través das actividades colaborativas entre o alumnado de todos os niveis e etapas do colexio:
- O alumnado de 3º, 5º e 6º de Primaria gravou unha entrevista na que salientaron os acontecementos máis importantes da súa vida e obra.
- O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria narrou coas súas propias ilustracións, audios e vídeos, un fragmento da obra "As pitas baixo a choiva".
- Por último, os nenos e nenas de Infantil, a partir do título "As pitas baixo a choiva" idearon unha morea de debuxos.

Xogos e iniciativas coa colaboración da comunidade educativa do centro, incluída unha gravación especial para Radio Cabanas.

Durante o confinamento elaboraron este peza de vídeo, o "Preguntoiro Musical", onde a través dun xogo-canción, achéngase datos importantes da vida e obra do autor homenaxeado.

O EDLG realizou este vídeo divulgativo sobre Ricardo Carvalho Calero, deseñado e gravado polos propios docentes, e sumáronse ás reivindicacións da lingua no Día das Letras.

- Historia de Amendoíña, segundo Andersen. (Adaptación dun poema de Ricardo Carvalho Calero).
- Actividades interactivas (só as tres ultimas desta ligazón).
- Podcast: As pitas baixo a choiva, de Ricardo Carvalho Calero.

Vídeo-conto colaborativo do equipo de dinamización da lingua galega do centro, o alumnado, as familias e os titores/as para conmemorar o Día das Letras Galegas, sobre o conto de Ricardo Carvalho Calero As pitas baixo a choiva, con ilustracións do alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria e audios do alumnado de 4º a 6º de primaria.

O blog da biblioteca escolar coordinou as achegas ás familias durante o confinamento, peneirando actividades relacionadas co autor homenaxeado. Tamén se organizou a participación na actividade "desconfinar palabras", con fotos e vídeos cunha palabra en galego. E aquí cóntannos doutras propostas nas que participaron docentes e familias.

A comunidade educativa deste centro organizou esta viaxe no tempo para coñecermos máis sobre a nosa lingua, sobre a conmemoración e sobre o homenaxeado.

O alumnado de 5º de Primaria elaborou un vídeo sobre a vida e obra do autor homenaxeado. Tamén realizaron unha peneira de material e iniciativas impulsadas desde outros centros educativos para traballar nas aulas da escola.

As seis aulas de educación infantil deste colexio rural agrupado acostuman a dedicarlle unha semana enteira á persoa homenaxeada no Día das Letras Galegas que culmina cun "Serán das Letras" que xunta nunha festa a toda a comunidade educativa, familias incluídas. Mais desta volta, a festa tivo que trasladarse ás redes, onde traballaron cos seguintes contidos, dispoñibles todos nesta ligazón:
- Vídeo coa escolma de palabras en galego que fan referencia á natureza e á primavera adicado á Ricardo Carvalho Calero.
- Vídeo homenaxe a artistas galegas e galegos representando as súas obras de arte.
- Vídeo coa biografía brevemente adaptada para o alumnado do CRA de Carvalho Calero.
Invitación a visitar www.aspitas.gal, para gozar do conto infantil de Calero "As pitas baixo a choiva" así como da súa música e máis actividades.

Estas son as actividades elaboradas polo centro:
- Pasapalabra de Ricardo Carvalho Calero
- Adaptación de "as pitas baixo a choiva", realizado polo alumnado de educación infantil.
- Mosaico con pareados conmemorando as Letras Galegas (cada anaco da imaxe é un debuxo dun alumno/a)

O centro celebrou as Letras Galegas con achegas libres enviadas polas familias, que posteriormente os docentes editaron. "Resultou unha celebración entrañable, moi diferente a da nosa gran festa literaria do bosque, pero moi bonita", cóntannos. Aquí podemos ver algúns dos vídeos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9
Aquí tamén algunhas actividades elaboradas para traballar na casa:
- Relaciona imaxe e autor
- Crebacabezas
- Crebacabezas 2
- Crucigrama

Vídeo e imaxes onde a comunidade educativa desta escola achega o seu traballo sobre Ricardo Carballo Calero.

Neste vídeo ilústrannos a actividade que fixeron en 1º de Educación Primaria para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Coa participación do alumnado da etapa de educación primaria fíxose unha recopilación de contos en lingua galega en homenaxe a Carballo Calero, lembrando que él fixo unha recopilación de contos populares sendo él mestre nun centro da provincia de lugo. Ademais, fixeron uns collages cos debuxos do alumnado de educación infantil sobre o libro As pitas baixo a choiva.

Elaborado durante o confinamento, a idea principal do proxecto era coñecer a vida do homenaxeado e fomentar o traballo en grupo. Cada familia recibía unha frase por correo electrónico que debía gravar e enviar. Segundo nos contan, "non explicamos cal sería o proxecto final nin de qué se trataba, tan só recibían a súa frase e tentamos crear expectación". "Unha vez recibidas todas, dende a escola montamos o vídeo que podedes ver nesta ligazón. Así, os nenos e nenas viron que o seu traballo, cobraba valor ao xuntalo co dos seus compañeiros/as".

Trátase dun traballo intercentros. Conxuntamente instrumentaron o poema “Calquer lugar é bom para morrer” e argallaron un videoclip con debuxos do alumnado de 3º, 4º e 6º de Primaria.
As voces, por mor do protocolo Covid, foron gravadas polos docentes de Educaciòn Musical. Aquí temos ademais a coreografía da canción bailada pola rapazada: vídeo 1 e vídeo 2.

A colaboración de alumnado e familias conseguiu este feixe de alternativas á tradicional festa que organiza o centro:
Gaiteirada entre amigos:
- Gaiteirada entre amigos.
- Un poema inédito: Pescudamos pola rede e atopamos este poema
- María do Ceo canta para nós o himno de Galicia
- A rúa Carballo Calero, O alumnado pescudou a través de Google maps para localizar a rúa que leva o nome do autor na cidade de Ourense. Desprazáronse ata alí e deixaran un debuxo, un poema, unha flor... Tamén enviaron vídeos recitando un poema.
- Actividade compartida con outros colexios: Puxéronse en contacto con outros colexios da provincia e das outras tres pedindo colaboración para realizar a actividade mencionada anteriormente.
- Bailaron a muiñeira de Chantada na casa
- Música Tradicional: As familias e o alumnado colaboraron tocando pezas de música tradicional
- Daniela canta a muiñeira de Chantada
- Debuxando a Carballo Calero
- Pitas baixo a choiva: As nenas e nenos de infantil, despois de escoitar o conto enviado por unha das profes, fixeron as súas pitas.

O alumnado de 4ª de infantil participou na realización dun vídeo, en pictogramas, sobre a vida do autor homenaxeado. O título: "As pitas baixo a choiva". Alumnado doutros cursos aproveitou o Día das Letras Galegas para compartir as súas lecturas en galego.
A actividade estrela do centro durante o confinamento, na que participou alumnado de infantil e primaria arredor do Día das Letras Galegas, foi a composición de poemas e recitados partindo do título “Contáxiome do GALEGO. Coróome como poeta”. De xeito concreto, o alumnado de infantil elixiu palabras en galego para decoralas. E aquí podemos ver tamén outras actividades realizadas sobre lendas e sobre os maios, así como o coloreado de ilustracións de Primavera das Letras.

Vídeo realizado durante o confinamento que suma as achegas do alumnado de infantil e primaria para o homenaxedo no Día das Letras Galegas 2020.

- As nosas palabras favoritas en galego, elaborado por Infantil: escolma das palabras que utilizamos na nosa vida diaria e que tanto nos gustan, recollidas nun vídeo con audio e debuxos feitos polo alumnado, así como imaxes.
- Poema musicalizado de Ricardo Carballo Calero, elaborado por Primaria: aproximámonos á figura de Ricardo Carballo Calero mediante a musicalización dun poema da súa obra O fillo, baixo as indicacións do mestre de Educación musical.
As dúas dispoñibles no blog do EDLG do centro.

A comunidade educativa do centro realizou durante o confinamento un vídeo para conmemorar o Día das Letras Galegas.

A escola inspirouse no conto 'As pitas baixo a choiva' para o seu traballo, no que colaboraron as familias dende a casa durante o confinamento:
-O conto elaborado polo profesorado do centro.
-A elaboración de moitas pitas coma as do conto, realizadas polo alumnado e as súas familias con material plástico e de refugallo.

Un podcast a partir do conto 'As pitas baixo a choiva', unha proposta para xogar ao tangram tomando como referencia o mencionado conto, unha canción inspirada no mesmo relato, retratos e debuxos inspirados no homenaxeado... Cóntannos desde a bitácora do centro educativo de toda a actividade realizada por alumnado de infantil e primaria.

Estas son as dúas pezas audiovisuais elaboradas polo centro para celebrar o Día das Letras Galegas:
- Carballo Calero, unha vida en prol do galego
- Vídeo sobre Carballo Calerto, vida e obra.

No blog do EDLG, 'As pegadas de Arnaldo', o colexio reúne todas as actividades realizadas para celebrar o Día das Letras Galegas. Entre outros, varias pezas radiofónicas para 'A voz de Arnaldo', cancións e xogos arredor do homenaxeado.

Entre outras cousas o centro fixo unha 'Xincana Botánico-Cultural' da cidade de Pontevedra na que dentro ía unha actividade exterior sobre Carvalho Calero. Aquí podemos ver o xogo.

O CPI Virxe da Cela e Laboratorio de Radio elaboraron esta adaptación sonora libre de 'As pitas baixo a choiva' de Ricardo Carvalho Calero. O conto foi narrado desde a casa polo alumnado de 3º de Primaria. Aquí podemos escoitalo.

Un xogo con misteriosas cartas antigas que alguén deixou agochadas para o alumnado nas aulas, a escoita do conto 'As pitas baixo a choiva', unha instalación inspirada no conto e un feixe de actividades relacionadas coas pitas e o coñecemento do medio, actividades diversas de expresión artística, lectoescritura ou motricidade fina. No pdf adxunto resúmense as actividades relacionadas co autor homenaxeado para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Aquí temos o vídeo da adaptación realizada polo alumnado de 1º e 2º do conto 'As pitas baixo a choiva'.

Malia que o confinamento fixo que non se puidese representar a obra de teatro que a comunidade educativa tiña preparada para a conmemoración, como alternativa realizaron diversas actividades que nos contan no blog da biblioteca.

Ao longo do mes de maio na conta de Instagram do colexio foron publicándose pinceladas da súa vida e obras.
Tamén puideron participar no concurso Bergondo nun conto, organizado polo Concello.
Na semana das Letras Galegas (do 11 ao 15) propúxoselle ao alumnado e familias que participaran segundo a proposta do día. Nas seguintes semanas fíxose unha recompilación do recollido nas redes sociais, ou do que enviaron. Todo o recollido foi publicado no blog Vagalume da Lingua.
- Luns, 11. Creación de marcapáxinas alusivos á celebración, enviando foto.
- Martes, 12. A túa palabra preferida do galego é...
- Mércores, 13. A frase, expresión ou refrán que cres que nos representa...
- Xoves, 14. O libro galego que máis che gusta, que te sorprendeu, que estás a ler...
- Venres, 15. Un poema galego.

A actividade estrela que desenvolveu o centro quixo reproducir o xeito no que o homenaxeado elaborou a súa Historia da Literatura Contemporánea, tal e como explicou a súa filla:
"Na súa mesa sempre tiña alguén en fronte que ía collendo e rexistrando as anotacións. E é que non había ordenador! As notas da Historia da literatura galega foron todas feitas con tiriñas de papel que iamos organizando. Entón, cando eu cansaba, viña a miña nai e poñíase ela". Así, en colaboración de alumnado e docentes fíxose un percorrido pola Historia da Literatura Galega: recolleron en formato "Padlet" diferentes composición escritas, debuxos, gravacións en audio e vídeo con información relativa a varias autoras e autores homenaxeados nos Días das Letras Galegas. Malia que non se incluíron todos os traballos realizados, nesta ligazón hai unha ampla selección. Por outro lado, realizaron un feixe de actividades arredor da figura do homenaxeado.

As actividades propostas para as Letras Galegas foron realizadas no ámbito famiiar durante o confinamento, e compartidas no blog de aula. Aproveitando que o curso de 4º de primaria estaba traballando a "Banda deseñada" o alumnado realizou unha pequena biografía en formato cómic sobre o autor.

O blog do Equipo de Normalización do centro arquiva todo o material realizado, entre outros: as presentacións elaboradas por alumnado de 3º da ESO, o vídeo "Pretérito imperfecto" que suma as pezas elaboradas no confinamento polo alumnado de 5º de primaria, así como os seus recitados, os xogos virtuais cos que coñeceron mellor ao autor, os debuxos do alumnado de 1º de primaria e de infantil, e tamén os traballos do alumnado de 3º e 4º sobre o homenaxeado.

 

Cóntannos que perseguiron dúas metas coas actividades: achegar ao alumnado o traballo do autor a prol da nosa cultura e afondar no descubrimento e amor pola nosa lingua. Destacan tres propostas:

A través do blog do EDLG, Habelas hainas 7.0, cóntannos das actividades: motivouse ao alumnado cun xogo na rede creado polos docentes, referido ás Letras Galegas e a diversos contos. Tamén se lles convocou ao Certame Literario Anual. Este ano co lema "Textos con Arte" (aquí temos os textos finalistas). Ademáis, o 31 de outubro moitas aulas lembraron o homenaxeado con estas caricaturas.

Aquí temos toda a información do Festival Virtual Letras Galegas 2020 que organizou o centro. Exposición de debuxos, choiva e libros, etiquetaxe en redes, lecturas, presentacións e mesmo un encontro virtual con Héctor Cajaraville. No blog do EDLG e da biblioteca tamén hai vídeos e outros recursos elaborados ou usados polo alumnado.

O equipo do centro destaca para nós a curtametraxe elaborada pola comunidade educativa e que podemos ver no blog de Garatuxa.

A comunidade educativa elaborou un vídeo en homenaxe a Ricardo Carballo Calero coas achegas do alumnado das aulas de 5 anos.

Durante a cuarentena o alumnado enviou imaxes desde os seus fogares coas que se elaborou un vídeo. Ademais, xa en outubro, o alumnado de 4º e 6º de primaria realizou dous programas de radio conmemorativos.

No instagram do colexio podemos ver a creatividade do alumnado á hora de celebraren o Día das Letras Galegas 2020 desde os seus fogares.

Aula hospitalaria do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

O alumnado de educación primaria da aula hospitalaria do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela levou a cabo unha actividade con Héctor Cajaraville, autor dunha biografía de Carballo Calero. O escritor propúxolles unha actividade de creación escrita onde lles presentaba un breve texto como entradiña e o alumnado remataba a historia incorporando dous elementos propostos. Ao final Héctor fixo unha recompilación das historias e organizou un vídeo relatándoas para darlles valor literario. Agora están elaborando as historias para compoñer unha única entre todos os nenos e nenas. Cóntannos no Instagram da Obra Social Pediatría.

Aquí xuntan as propostas realizadas para infantil e 1º e 2º de primaria do centro: inclúen ligazóns a contos, xogos, cancións e actividades.

Neste vídeo e neste arquivo resúmese a actividade do alumnado desde os seus fogares arredor do Día das Letras Galegas 2020.

Aquí temos o resumo en vídeo das actividades propostas ao ao alumnado para celebraren unha Semana das Letras Galegas dende os seus fogares.

A principal actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas foi un Certame de Vídeos Musicais. Da man da peza 'Sonho de Catarina', do grupo A banda da Loba, o alumnado achegouse á vida e obra do autor homenaxeado. No pdf titulado "Sonhamos - Profesorado" podemos ver a secuencia didáctica implementada e no pdf "Sonhamos - Alumnado" podemos ver os materiais empregados para traballar na aula, tanto o poema orixinal como a letra da canción e a súa forma musical, cuestións básicas para a posterior realización dos vídeos en cada un dos grupos. Aquí a mostra:
Vídeo de 5º
Vídeo de 6ºA
Vídeo de 6ºB

A escola fixo unha colección de 10 carteis ordenados cronoloxicamente, "A viaxe de Carballo Calero", que reflicten parte da vida e a obra do autor. Contan cun código QR que enlaza coa explicación, en linguaxe de signos, de cada un deles. Ao mesmo tempo, no web, cada un dos carteis conta con catro enlaces a audios á explicación en castelán, galego, francés e inglés. Ademais, elaboraron unha guía didáctica que contén unha pequena biografía e diferentes actividades para disstintos niveis educativos, relacionadas coas 10 láminas. O traballo elaborouse de xeito colaborativo entre todo o alumnado e profesorado do centro. Todo accesible desde a columna esquerda da portada da web do centro.

Neste documento interactivo recóllense todas as actividades, agrupando por niveis unha escolma de propostas coas que o alumnado traballou desde a casa.

O alumnado peneirou poemas para recitalos e gravalos. No blog do equipo de normalización do centro e no Instagram podemos ver exemplos do traballo do alumnado.

No blog do EDLG están peneiradas as actividades didácticas elaboradas pola comunidade educativa en homenaxe a Carballo Calero.

Velaquí a peneira de actividades:
Blog creado para publicar todos os materiais relacionados coa celebración das Letras Galegas 2020 onde están os dez carteis e a guía premiados no concurso deste ano, na modalidade de educación primaria.
Symbaloo de recursos: imaxes interactivas e audios dos dez carteis, unha presentación e un minilibro que recolle o resumo da biografía do autor homenaxeado.
Actividades realizadas coa ferramenta Genially: Quen di a verdade? e Que sabemos sobre Ricardo Carvalho Calero?
Blogueir@s do San Luís: Premio aos carteis das Letras Galegas
Fedelleir@s do San Luís: As pitas baixo a choiva. Vídeo elaborado o curso pasado polo alumnado de terceiro e cuarto de primaria.
A Nosa Fiestra: "As pitas baixo a choiva": Vídeo elaborado neste curso polo alumnado de terceiro de primaria.
Recursos no blog BiblioSanLuis

Alén da ampla peneira de actividades proposta na aula virtual do centro, o centro realizou un vídeo de suxestións lectoras cos libros en galego favoritos do alumnado e docentes.

"As pitas acabáronse mollando!" titulou o centro a súa lembranza ao autor homenaxeado co Día das Letras Galegas 2020.

Neste vídeo podemos ver ao alumnado de primeiro lendo o conto As pitas baixo a choiva. Ilustran o relato os debuxos do alumnado de segundo de primaria.

Aquí temos a interpretación do conto As pitas baixo a choiva elaborando unhas pitas con material de refugallo (botella de plástico) que nos sinalan as normas a seguir para evitar a Covid-19, baixo o lema "As pitas poñen sentidiño".

Unha unidade didáctica para traballar a semana das Letras Galegas con actividades para cada nivel do cole. Tamén un quebracabezas elaborado polo EDLG do centro.

En colaboración co alumnado elaborouse unha páxina web sobre o autor homenaxeado. O traballo colectivo implicou a toda a comunidade educativa e serviu por exemplo para estudar costumes e tradicións galegas, crear un álbum fotográfico de cousas típicas galegas que os rapaces tiveran pola casa ou que lles puideran enviar os seus familiares, e facer unha pequena descrición do trebello e explicar para que se utilizaba: palleiras, arados, sementeiras, augardenteiras, xogos antigos etc.
Por outro lado, tamén aproveitaron o Día das Letras Galegas para participar no Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio Inmaterial. Ademais, elaboraron estes contidos sobre Rosalía de Castro para explicar a orixe do Día das Letras Galegas.