O voso Día das Letras!

Primavera das Letras abre un espazo de participación para que os centros escolares de toda Galicia nos relaten como celebran o 17 de maio. O obxectivo é promover e festexar as nosas Letras durante todo o ano. Entre todos os participantes sortearemos como agasallo varios lotes de libros. As escolas recibirán un diploma acreditando a súa participación.

BASES DO CONCURSO

1.O certame “Contádenos o voso Día das Letras” está aberto a todos os centros escolares de Galicia que impartan Educación infantil e primaria. O alumnado deberá desenvolver algunha actividade relacionada co autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2020: Ricardo Carballo Calero.

2. Poderán presentarse proxectos desenvolvidos co alumnado de infantil e/ou primaria.

3. Cada centro poderá participar co proxecto ou proxectos que desexe, tanto con aqueles que poidan implicar o conxunto da comunidade escolar coma con outros de aula, curso, etapa etc.

4. Os responsables de cada proxecto amosarán na páxina web do seu centro, ou nun espazo virtual similar (bitácora da aula ou da biblioteca, canle de Youtube do colexio…) a actividade/s ou iniciativa/s realizada/s: contos, poesías, carteis, cancións, audios, vídeos…

5. Os centros deben enviar a/s ligazón/s correspondentes á/s súa/s iniciativa/s ao correo electrónico contacto@primaveradasletras.gal. Se non contan con páxina web ou blog, poden remitir o material a este mesmo enderezo. No asunto deberá indicarse “Certame Contádenos o voso Día das Letras” e o nome do centro.

6. As iniciativas recibidas incluiranse nun espazo especial da páxina web de Primavera das Letras.

7. O prazo de recepción do material pecha o 1 de decembro de 2020.

8. Sortearanse varios lotes de libros entre todos os centros participantes.

 

*Preme aquí para ver os traballos recibidos