O voso Día das Letras!

Ao longo desta Primavera das Letras, escolas de toda Galicia fixéronnos saber das actividades realizadas en homenaxe a Carlos Casares. Aquí está a lista completa, por orde de chegada, de todos os centros participantes de Infantil e Primaria no certame contádenos do voso Día das Letras!

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña) leva máis de dez anos elaborando material para o Día das Letras Galegas. A iniciativa conta agora coa colaboración doutra ducia de centros educativos da provincia da Coruña. Neste ano Casares achégannos un feixe de material moi útil para traballar nas aulas arredor da figura do autor homenaxeado. Entre outros: actividades para imprimir destinadas a Educación Infantil e para todos os ciclos da Educación Primaria, materiais para imprimir en formato cartel e realizar unha exposición sobre a vida e obra de Carlos Casares, marcapáxinas sobre o autor, unha adaptación teatral da obra A Galiña Azul de Carlos Casares, realizada por María del Carmen Gómez Álvarez e tamén moitas actividades en liña para Educación Infantil e Educación Primaria.

No Seminario Galán participan as seguintes escolas:

CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña), CEIP Fogar (Carballo), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP G. Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), CEIP J. Rodríguez Otero, (Buño-Malpica), CEIP Manuel Murguía (A Coruña), CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Montel Touzet (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)

Cunha representación teatral, unha lectura dramatizada e moita paixón e diversión, participaron na inauguración desta Primavera das Letras as amigas e amigos da escola que está á beira da casa de Carlos Casares e á que seus propios fillos acudiron.
Ademais, a rapazada e os docentes deste centro tan especial para o autor elaborou outros dous traballos. Aquí podedes ver un vídeo con entrevistas nas que que se contan detalles da vida de Carlos Casares a través do seu fillo Häkan Casares:
https://youtu.be/Ooh8nchKYgw?list=PLNDGNORep_1jGEy7GVaHh8DRTq5Lv9r32
E nestoutra ligazón podedes acceder a uns carteis que resumen a vida e a obra de Carlos Casares:
https://issuu.com/anadominguezsantome/docs/letras_galegas_2017/10

CEIP Antonio Fernández López (Oural – Sarria)

Para conmemorar as Letras Galegas realizaron unha actividade audiovisual adicada a Carlos Casares. Trátase dunha adaptación da súa obra As laranxas máis laranxas de todas as laranxas. Podedes ver o vídeo na rede: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipantoniofernandezlopez/?q=node/101

Esta unidade didáctica sobre o libro Lolo anda en bicicleta foi realizada por profesorado do CEIP Eusebio da Guarda, da Coruña xunto co CEIP Galán, de Arteixo. Está dirixida ao alumnado de primaria (1º, 2º 3º e 4º).
http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2017/05/unidade-lolo-anda-en-bicicleta.pdf

Peza audiovisual sobre Carlos Casares baixo o título "Casares-Tón", elaborada e coregrafiada sobre o poema "Amemos", de Casares. Coordinada por Víctor Alfonso Castro, involucrou a toda a comunidade educativa, aínda que maioritariamente alumnado de Primaria.
https://www.youtube.com/watch?v=MARiK6C54Yk
http://recunchodetambo.blogspot.com.es/2017/04/casares-ton-videoclip.html

https://www.youtube.com/watch?v=mjMUnVLIUBQ
O alumnado de 4º de Primaria realizou este vídeo a partir do texto da placa 9 do roteiro de Carlos Casares (que está na Alamenda de Ourense, moi cerca do colexio).

Vídeo homenaxe a Carlos Casares feito polos alumnos de 4º de Primaria de Colexio Divina Pastora de OURENSE. Letra e música orixinal de Elías Piñeiro Vila.
https://drive.google.com/open?id=0B4U-NdVyvgMnTDZyMERrMVlwV3M

Desde o Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do centro envíannos os seguintes materiais: En 5º de Primaria elaboraron este vídeo sobre a vida e obra de Carlos Casares, a partir dos materiais deseñados polo Seminario Galán. https://www.youtube.com/watch?v=WmNbEPBkChs Ademais, a partir do material anterior, elaborouse tamén un breve libro dixital para iPad. Pode descargarse copia aquí: https://www.dropbox.com/s/oe6424r7pq6etgv/Vida%20e%20obra%20de%20Carlos%20Casares%20-%20%23Letras2017.ibooks?dl=0 E por último, en 6º realizouse un proxecto moi amplo que documentarán na súa web: un taboleiro de xogo semellante ao 'trivial' con preguntas e respostas, realidade aumentada ou códigos QR. O xogo foi deseñado polo alumnado.
Exposicións, un díptico, actividades na aula de música... Neste centro lugués celebran as Letras Galegas cun feixe de actividades das que nos contan a través do blog Bibliosoños nunha páxina especial adicada a Carlos Casares onde se recolle toda a información. https://sites.google.com/site/carloscasares2017letrasgalegas/as-nosas-actividades

As mestras Filomena Manzano e Julia Pérez, titoras de Educación Infantil (4 anos) e 4º de Educación Primaria, xestoras de blogs de aula e dinamizadoras de diversas actividades colaborativas co alumnado prepararon nesta ocasión co alumnado unha adaptación da obra de Casares 'A galiña azul', elaborando unha animación en plastilina cos personaxes, decorado e gravacións creados polo alumnado. Aquí podedes ver a curta:
https://vimeo.com/215068776
Nas bitácoras do cole tamén podemos ver outras actividades plásticas realizadas polo alumnado:
Peques no Cole:
https://colepeques.blogspot.com.es/2017/05/pintamos-galina-azul.html
O Noso Pequeno Mundo:
http://gbpequenomundo.blogspot.com.es/2017/05/carlos-casares-letras-galegas-2017.html

A biografía de Carlos Casares en formato rap!

https://www.youtube.com/watch?v=pa0fyJCCBMM

Na bitácora de Infantil do Lar dos Pitufos podedes ver a intensa actividade que realizaron nesta escola.

http://colegiolar.es/letras-galegas-2017-ed-infantil/

Así foi o Festival das Letras e o Certame de Narracións que fixeron nesta escola de Cerceda.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcelsoemilioferreiro/node/28007

CEIP de Prácticas (Ourense)

Na bitácora A Nosa Chave poden atoparse as actividades realizadas no centro en homenaxe a Casares. Entre outras, 'O rap da galiña azul' e a revista dedicada ao autor.

https://anosachave.wordpress.com/

https://youtu.be/OGfkPcip8Uk

http://es.calameo.com/read/002459018a6c14dd181c9

Velaquí nos achegan unha peneira de imaxes onde se recollen as actividades realizadas neste centro próximo á vila de Ordes. A celebración mesturou deporte e cultura, cantouse, recitáronse poemas e de clausura unha divertida actuación de música rock.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmesonvento/?q=node/413

Un especial das Letras Galegas na radio escolar, actuacións musicais, unha exposición de instrumentos tradicionais galegos unha fermosa e divertida alfombra floral, un bonito mural nas paredes do patio, adicado a Carlos Casares. Así o celebraron nesta escola fenesa.

http://colegiojorgejuaneducinfantil.blogspot.com.es/2017/05/semana-das-letras-galegas.html

http://www.colexiojorgejuanperlio.com/2017/05/21/semana-das-letras-galegas-2017/

Un 'kamishibai' da Galiña Azul e outras actividades realizadas no centro. Toda a información na bitácora da Biblioteca do Valle.
http://bibliotecadovalle.blogspot.com.es/2017/05/a-galina-azul-de-carlos-casares.html 

O alumnado de Infantil deste centro de Escairón narra o conto 'A galiña azul'.
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpilopezsuarez/node/637

Para conmemorar ese Día das Letras Galegas o alumnado de 5º e 6º fixo un videoconto musicado dun dos libros de Carlos Casares, Toribio e o contador de contos.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmontebalinho/node/238

Mª Jesús López Añón, directora do centro, cóntanos que fixeron múltiples actividades relacionadas co autor pero hai unha que especialmente queren compartir, baixo o título 'A bomba da felicidade'.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplabartapose/node/372

Un ‘kamishibai’ sobre ‘A galiña azul’, o concurso baixo o lema “Pón o galego na túa boca”, onde alumnado deseño debuxos para chapas que se repartiron no centro e nas casetas das librarías da Praza Maior de Lugo, co obxectivo de concienciar da importancia da lectura en lingua galega. Disto e moito máis cóntannos na bitácora da biblioteca do centro, ‘ O recanto de Rosateca’.

https://rosalialugo.wordpress.com/2017/06/05/kamishibai-sobre-a-galina-azul-de-carlos-casares/

https://rosalialugo.wordpress.com/2017/05/21/concurso-pon-o-galego-na-tua-boca/

https://rosalialugo.wordpress.com/2017/05/21/letras-galegas-2017-colaboramos-con-el-progreso-o-xornal-de-lugo/

Velaquí toda a actividade desta escola en homenaxe a Carlos Casares por terras de Sober: O bardo Abelardo achegounos á vida e obra de Carlos Casares a través da música do seu acordeón. No corredor principal do colexio púxose unha exposición cos carteis enviados e unha selección de libros do autor para que o alumnado os puidese consultar. Os biblioaxudantes, léronlle parte de ‘A galiña azul’ ao resto do alumnado de Primaria e Secundaria. Convocouse un certame de investigación sobre a figura do autor homenaxeado nesa convocatoria. Inventaron ‘O xogo dos ovos’, inspirado na obra de Casares. E finalmente, fixeron un animado Festival das Letras e a Música.

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/o-bardo-abelardo.html

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017.html

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017-os-biblioaxudantes.html

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017-certame-de.html

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/o-xogo-dos-ovos.html

http://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com.es/2017/05/letras-e-musica.html

Murais, debuxos, contos e outras actividades. Aquí podedes ver todo o que fixeron nestas tres escolas en relación ao homenaxeado Carlos Casares.

http://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/node/302

Velaí a exposición artística en homenaxe a Carlos Casares que nos presentan desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro.
http://aslaranxasmaislaranxas.blogspot.com.es

Na celebración na que se deu lectura á biografía de Carlos Casares os rapaces elaboraron un mural coas caricaturas do escritor. Tamén gozaron dun concerto sorpresa no que docentes e alumnado participaron poñendo música e voz a cancións tradicionais galegas. E fixeron unha interpretación do conto "Lolo anda en bicicleta". Na elaboración dos personaxes e decorados participou todo o centro.
http://garatuxa.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-por-todo-o-alto.html
Ademais, coa colaboración de Iván Vale (mestre polas terras da Mariña Lucense), fixeron unha adaptación musical do conto ‘A galiña azul’.
http://garatuxa.blogspot.com.es/2017/05/celebramos-as-letras-galegas-cun-novo.html

Así homenaxeou a escola a Casares, coa actuación do grupo Bolboreta con Lydia Botana á cabeza e o filme Maimiño, así como a actuación do Coro das Emocións.
http://www.edu.xunta.gal/centros/crapontepedra/node/1184

Música, teatro, lecturas, manualidades... Un feixe de actividades das que nos contan na súa bitácora.

http://bibliotecaceipfontinhas.blogspot.com.es/2017/05/semana-cultural-das-letras-galegas.html

Aquí podedes consultar algunhas das actividades realizadas neste centro en homenaxe a Carlos Casares, entre elas un vídeo onde nos resumen as celebracións e homenaxes.
http://dinamizacionlinguistica25.blogspot.com.es/2017/06/letras-galegas.html

https://drive.google.com/file/d/0BwYMO5Ym5324NWZtTjNMcXZxZG8/view

Desde esta escola que agrupa a tres unidades de Infantil fixeron un feixe de actividades esta primavera en homenaxe a Casares. Neste arquivo adxunto e nas ligazóns podedes facer repaso:

http://bibliobn.blogspot.com.es/search/label/Letras%20Galegas

http://obarriodecloti.blogspot.com.es/search/label/letras%20galegas

Toda unha serie de actividades que finalizaron nunha celebración conxunta e da que nos contan aquí.
http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicovaterrena/node/743

Esta escola centrouse na Galiña azul porque, segundo nos contan, transmite valores como o respecto pola diversidade linguística e a importancia das diferenzas ou da libre expresión, que quixeron traballar nas aulas e fóra delas.
http://rukutru.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017.html
http://play.smilebox.com/SpreadMoreHappy/4e44557a4e5463344d54673d0d0a

Nesta ligazón da bitácora da biblioteca escolar do centro podemos ver algunhas das actividades realizadas en homenaxe a Carlos Casares.
http://bibliotecaceipalbinonunez.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017.html

Así nos contan da actividade do alumnado de Infantil e Primaria. Aquí podedes ver unha versión en monicreques do conto ‘A galiña azul’ e tamén outra versión representada por alumnado de 5º curso nunha saída de todo o centro para coñeceren o patrimonio máis próximo.
https://www.youtube.com/watch?v=mX7CicfA9FQ
https://www.youtube.com/watch?v=WsZjxjgAnfc

Murais, carteis ou rap de Casares. Velaquí o ben que o pasaron esta primavera de Letras polas mariñas coruñesas.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/485
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsada/node/484

Un informativo sobre Carlos Casares realizado polo alumnado de Infantil, unha lectura dramatizada de ‘A galiña azul’, unha orixinal interpretación musical en homenaxe ao autor, interpretación de pezas populares co ‘karaoke galego, elaboración e reparto do boli-libro da galiza azul, e moita festa!
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=128808741010380&set=pcb.128810004343587&type=3&theater
https://youtu.be/dde4ukEi8Aw
https://www.facebook.com/ceip.armenteira.9/videos/vb.100016437648636/128775727680348/?type=2&theater

Ademáis do traballo nas aulas coas fichas sobre o homenaxeado, o alumnado de 2º curso gravou un vídeo contando a biografía de Carlos Casares. Nesta ligazón ao blog da biblioteca podemos velo:
http://ceipseara.blogspot.com.es/2017/05/biografia-de-carlos-casares.html
Tamén en 2º curso representáronse teatralizados os contos do libro ‘A galiña azul’: "O peixe da fonte do xardín", "A bomba da felicidade" e "A galiña azul". Aquí podemos ver:
http://ceipseara.blogspot.com.es/2017/05/teatro-de-galina-azul-en-2-curso.html
E o alumnado de 6º B representou ‘As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas’:
http://ceipseara.blogspot.com.es/2017/05/as-laranxas-mais-laranxas-de-todalas.html

Desde o Equipo de Dinamización Lingüística da escola cóntannos dalgunhas das súas actividades:
O concerto de Luís Vallecillo, co seu espectáculo ‘O mundo de Carliños’:
https://trotaaugas.wordpress.com/2017/05/12/letras-galegas-2017-concerto-de-luis-vallecillo/
A lectura de relatos finalistas e gañadores de diversos certames (Fanpa, Museo Liste) e o visionado do conto viaxeiro realizado por todo o alumnado do centro:
https://trotaaugas.wordpress.com/2017/05/17/letras-galegas-2017-celebracion-no-cole/
O concerto didáctico de Roi Casal (dentro do programa da Xunta Edumotiva):
https://trotaaugas.wordpress.com/2017/05/24/letras-galegas-2017-concerto-de-roi-casal/
E o "Mannequin Challenge" das Letras Galegas: un vídeo colectivo de todos os cursos de Infantil e Primaria adicado a Carlos Casares e ás súas obras:
https://trotaaugas.wordpress.com/2017/06/07/mannequin-challenge-das-letras-galegas/

Aquí podedes ver varios vídeos sobre a celebración das Letras Galegas neste centro, entre outros, actividades de danza e unha dramatización da vida de Carlos Casares.
http://campolongoteca.blogspot.com.es/2017/05/letras-galegas-2017_18.html

Homenaxeando a Casares, Maniñamansa vestiuse con carteis... Chegou Toribio contando e os nenos despedíronno rapeando... Contos, cómic, teatro. Así o celebraron nesta escola.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmarinamansa/taxonomy/term/53

Así percorreu o alumnado a vila ao tempo que se achegaba á biografía de Carlos Casares. Cóntannolo desde a biblioteca escolar Carlos Labraña.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnicolasrio/node/747

Dende os equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega do CRA de Rianxo promoveron ‘A Carreira das Letras en Campomaneiro’, onde se lle fixo homenaxe a Carlos Casares
http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/4372
Tamén gravaron en vídeo o conto ‘A galiña azul’, para o cal cada aula preparou a súa parte e elaborou o material da parte que máis lles gustaba. Aquí tamén podedes ver a reportaxe que ao respecto fixo a TVG.
http://www.edu.xunta.gal/centros/crarianxo/node/4361
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-fds-3010062

Lecturas da obra do autor, decoración de estancias do centro, marcapáxinas con información biográfica, obradoiros sobre Casares, unha adaptación da obra ‘Lolo anda en bicicleta que foi levada ao escenario... Así o contan desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar. Nas súas bitácoras temos toda a información.
http://edlgpontesampaio.blogspot.com.es/2017/06/letras-galegas-2017.html
http://bibliopinco.blogspot.com.es/2017/06/a-galina-azul-boas-apertas.html
https://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d115134103k8245316o2l1/letras-galegas-17-bdp

A representación da obra ‘A galiña azul’. Unha exposición bibliográfica, a visita de Håkan Casares ao centro, intrepretacións plásticas da galiña azul ou a Festa das Letras na carballeira de Santa Minia. Na web da escola podedes ver como o celebraron neste centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos/taxonomy/term/68

Velaquí a actividade coa que o alumnado de Infantil do centro coñeceu o autor homenaxeado e algúns dos seus libros.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliacarril/node/97

A biblioteca da escola puxo todo o material relacionado con Carlos Casares a disposición de diferentes actividades. Elaborouse un mural xigante, proxectáronse vídeos, fíxose un concurso de caricaturas, un roteiro polo Ourense de Casares e léronse e leváronse a escena algúns dos seus contos.
http://abibliodecambeo.blogspot.com.es/2017/05/dia-das-letras-e-carlos-casares.html
http://abibliodecambeo.blogspot.com.es/2017/05/roteiro-carlos-casares.html
http://abibliodecambeo.blogspot.com.es/2017/06/titeres.html

A primeira carreira pola lingua do centro, uns murais sobre os contos do libro ‘A galiña azul’ elaborados logo de traballar cos seus textos e lecturas de todos os contos deste mesmo libro, son algunhas das actividades realizadas das que aquí temos mostra.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/834
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/835
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipacristina/node/836

Así vestiu de festa o seu bosque o alumnado da biblioteca escolar ‘Paula Carballeira’ deste centro de Ferrolterra.
https://youtu.be/9kt2TfGYWmY

Aproveitando o proxecto anual da propia biblioteca do centro, ao longo de todo o curso foron realizándose actividades para ir introducindo o alumnado na vida e obra de Carlos Casares. Xogos, lecturas, actividades coas familias, colaboracións con outras institucións. Na web da biblioteca cóntannos polo miúdo de todo o que fixeron.
http://bibliolulu.blogspot.com.es/2017/06/a-nosa-primavera-das-letras.html

Entre outras actividades, o alumnado coa axuda dos docentes editou dous vídeos sobre Carlos Casares. Aquí nos presentan as pezas ‘Telexornal Carlos Casares’ e ‘A miña obra favorita de Carlos Casares’.
https://www.youtube.com/watch?v=E84YmzvPjks
https://www.youtube.com/watch?v=ZLLNDxZacE0

Desde ‘O Recuncho de Perico’, a bitácora da biblioteca deste centro ourensán, ‘Perico’ e ‘Piruleta’ cóntannos dos traballos que sobre Casares se fixeron esta primavera.
http://orecunchodeperico.blogspot.com.es/2017/05/acto-dia-do-libro-e-letras-galegas.html
http://orecunchodeperico.blogspot.com.es/2017/05/homenaxe-casares.html

Un tendal de poemas cheo de ‘prendas’ poéticas, unha obra do grupo de teatro das mestras do centro, carteis e murais... Aquí podemos ver o resumo das actividades promovidas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipbarouta/node/102

Aquí vemos, pasiño a pasiño, todo o traballo do alumnado de Infantil do centro, recortando e pegando títulos e personaxes para o mural de Carlos Casares, elaborando un libro de actividades sobre o autor e facendo unha pequena obra teatral a partir de ‘A galiña azul’.
http://charabiscas.blogspot.com.es/search/label/LETRAS%20GALEGAS

A Primavera das Letras no centro chegou xa coa inauguración na entrada do colexio dun mural adicado a Rosalía de Castro, elaborado como mosaico a partir de pequenas fotos de alumnado, profesorado, persoal non docente e mesmo antigos docentes da escola. Lecturas, traballo de unidades didácticas, elaboración de murais, o ‘rap da lingua Carlos Casares’, a elaboración dun ‘Maio’, danza, a posta en escena da obra ‘O can Rin e o lobo Crispín’, a revista dixital ‘Edición especial Carlos Casares’, o cómic ‘Letras Galegas 2017’ e o vídeo ‘Carlos Casares en busca das letras’ son algunhas das moitas actividades deste colexio.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/625
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/627
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/615
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=node/611
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliapardobazancoruna/?q=system/files/Mural%20Rosal%C3%ADa.pdf

A comunidade educativa do centro elaborou un mural sobre Casares e fixo unha exposición sobre o autor en colaboración coas familias do alumnado. Tamén decoraron unha escaleira da escola cunha frase da obra ‘O Principiño’ á que tamén adicaron un mural. Fixeron ademais unha mostra sobre a relación de Carlos Casares co Val Miñor. E, entre outros, aquí podedes ver tamén o vídeo creado polo alumnado de 4ºB lendo o conto ‘Lolo anda en bicicleta’.
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/802
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/798
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/784
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsoutodonas/?q=node/804

Entre as moitas actividades realizadas por este centro está un concurso de fotografía destinado ás familias que consistiu en buscar na cidade de Pontevedra a escultura de Carlos Casares e realizar unha foto orixinal con el. Tamén traballaron arredor da exposición ‘O Principiño ao redor do mundo’, da Fundación Casares. O alumnado fixo unha presentación en rede a partir dunha investigación na rede e intercambiaron lecturas da obra do autor entre as aulas. En colaboración coa mestra de inglés, xogaron a traducir algúns textos dos contos de Carlos Casares dende o inglés ao galego, gravando a exposición oral das traducións. O ‘Circuito de xogos para un tempo’ con diferentes actividades sobre o autor ou o festival polo Día das Letras, con teatro, recitados, cancións e bailes, son outras das iniciativas no centro esta Primavera das Letras.
http://normalizacioncabeiro.blogspot.com.es/2017/05/concurso-de-fotografia-carlos-casares.html
http://normalizacioncabeiro.blogspot.com.es/search/label/LETRAS%20GALEGAS

Entre as moitas actividades realizadas no centro, destacan que durante a Hora de Ler o alumnado tivo un curruncho especialmente habilitado sobre Carlos Casares. O alumnado de 2º e 3º ciclo de Primaria traballou tamén as actividades da web Primavera das Letras. E alumnado de 6º desprazouse polo resto das aulas léndolle aos máis cativos a obra do autor homenaxeado. Aquí nos fan un resumo:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipifontesbainha/?q=node/390

Grande expectación houbo no centro cando se anunciou que grandes actrices e actores virían ao escenario do centro. E coa máxima expectación xa durante o recreo, chegou a hora e despregouse a tea e velaí estaban as mestras e mestres da escola convertidos en policía, alcalde, Lourenzo, veciñanza, Leoncio... Sorpresa e agasallo en homenaxe a Carlos Casares que aquí podemos ver.
https://drive.google.com/file/d/0B5mdlbhhYg-dTmxvQVIzSUtkX3c/view?usp=sharing

Sofía, alumna de 2º de Infantil, escoitoulle a miúdo a seu pai, compañeiro de xogos dos fillos de Carlos Casares, historias e anécdotas da vida e obra do autor. Agora tamén coñece os seus libros. Así que fixo este traballo, co que todo o alumnado puido aproveitar para afondar no coñecemento do homenaxeado no Día das Letras deste ano.
http://www.fomento.edu/lasacacias/sof%C3%ADa-fern%C3%A1ndez-nos-presenta-carlos-casares-de-primera-mano

O alumnado da escola elaborou esta peza audiovisual recreando a vida e obra de Carlos Casares.
http://colexiolamilagrosa.es/multimedia/dia-das-letras-galegas-2017/

O alumnado fixo unha obra de teatro que narra as peripecias de Manolito Listón coa galiña azul.
https://www.youtube.com/watch?v=zcjZ9xNxNYM

Docentes e familias colaboraron na obra de teatro ‘A galiña azul’ que se representou no centro. Ademais, realizáronse manualidades e outras actividades arredor da obra.
https://www.youtube.com/watch?v=ddAcT2Ff0oY
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/646
http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/node/653

Conectamos coa escola para escoitarmos o Telexornal Especial Carlos Casares coa participación do alumnado do centro. Na súa bitácora ‘Fáloche de contos’ tamén nos achegan outra parte da homenaxe ao autor en forma de evento musical.
https://www.youtube.com/watch?v=6U2EV4cyRYU&
http://canlefalochedecontos.blogspot.es/1498558058/letras-galegas-2017-musica-en-galego/