Sorteo de premios do certame ‘O voso Día das Letras 2017’

Tal e como figuraba nas bases, a Real Academia Galega procedeu a sortear cinco de lotes de libros entre todos os centros que participaron neste certame. Estes son os centros gañadores:

CEIP Antonio Fernández López. Oural (Sarria); CEIP Carlos Casares. Vilariño (Nigrán); CEIP do Carballal. (Marín); CEIP Plurilingüe Os Casais. (Fene); e CRA Amencer. San Paio de Ventosela (Ribadavia).

Aquí podedes ver o traballo de todos os centros participantes.