Unha viaxe de Galicia a Escandinavia

Unha viaxe de Galicia a Escandinavia

Unha viaxe de Galicia a Escandinavia

Kristina Berg e Carlos Casares / Imaxe: Fundación Carlos Casares

Carlos Casares foi un gran viaxeiro e un apaixonado de Escandinavia, de onde era orixinaria a súa muller: a tamén escritora Kristina Berg (Halmstad, Suecia, 1948-Vigo, 2012). Imos saber algo máis destas terras que tanto o influíron na súa visión do mundo.

Escandinavia é unha rexión xeográfica e cultural do norte de Europa composta polos estados de Noruega, Suecia e Dinamarca. Algúns autores inclúen outros dous países, Finlandia e Islandia.