Os versos da crise persoal de mocidade deron paso a unha nova etapa de apertura á paisaxe, inaugurada con ‘Terra Chá’. Manuel María coidaba que esta obra foi froito das lecturas d’O ermo de Noriega compartidas con Novoneyra no tempo libre que lles quedaba cando cadraron no campamento de Parga.

Aquí achegámosvos algúns poemas deste libro publicada en 1954, ‘Terra Chá’. Agochamos o último verso. A ver se adiviñades, de entre as tres opcións que vos damos en cada caso, o verdadeiro verso que pecha cada poema!