Convidámoste a ler o poema “Choiva”, do libro ‘A luz resucitada’ (1984) e resolver unha nova actividade.

“Choiva”

Chove seguido e mainamente sobre min.
O meu corpo recibe a auga,
submiso e agradecido, como
un don benfeitor e fecundante.
Semello un penedo ergueito:
a choiva vaime traballando,
luíndo, facendo florecer
na miña pel paleiros e couselos.
Gracias, pois, á choiva son irmao
das pedras, dos penedos
e dos xardíns que, nos lousados,
pon, como un galano, a Primavera.

‘A luz resucitada’ (1984)

Como verás, algunhas das palabras están no seguinte remexido de letras. Imos ver!

*Tes dúbidas con algunha das palabras? Podes usar o dicionario en liña da Academia para procurar todos os significados!