É posible contar a vida de Florencio cunha regueifa? Pois claro! Velaquí tendes a proba que nos presentan dende o CEIP Milladoiro de Malpica xunto a outras contribucións sobre o autor. Tampouco faltan as propostas arredor do patrimonio inmaterial da contorna que seguen o ronsel do propio Delgado Gurriarán.