Quen dixo que o primeiro equinoccio do ano terá lugar o 20 de marzo? Este ano que a Real Academia Galega lle dedica a Francisco Fernández del Riego a súa chegada adiántase en Lourenzá ao 6 de marzo. Alí estaremos, na terral natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023 para presentar a nova edición de Primavera das Letras, o proxecto da Academia dedicado ao público infantil.

A festa terá lugar no CEIP Juan Rey, da man de toda a comunidade educativa, que será a primeira en coñecer un relato teatralizada que a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo están a preparar sobre Fernández del Riego. Pero el non é o único protagonista... As voces informantes son as cousas de don Paco! Que ganas de coñecer a súa versión!

A Primavera das Letras 2023 incluirá tamén actividades interactivas sobre o noso autor e o seu universo. Entrementres, convidámosvos a que vexades, se aínda non o fixestes, ou que repitades con A orixe da lingua guapa, unha curtametraxe sobre o nacemento da nosa lingua protagonizada polos nenos e nenas do CPI Santa Lucía de Moraña.