O voso Día das Letras!

Escolas de toda Galicia fannos saber das actividades realizadas en homenaxe a Xela Arias. Aquí está a lista completa, por orde de chegada, de todos os centros participantes de infantil e primaria no certame contádenos do voso Día das Letras!

(*Listaxe actualizada a 17 de xuño de 2021)

O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), leva máis de dez anos elaborando material para o Día das Letras Galegas. A iniciativa conta coa colaboración doutra ducia de centros educativos da provincia da Coruña. Neste ano dedicado a Xela Arias achégannos un feixe de material moi útil para traballar nas aulas arredor da figura da autora homenaxeada. No Seminario Galán participan as seguintes escolas: CEIP A.D.R. Castelao (Ordes), CEIP Eusebio da Guarda (A Coruña), CEIP Fogar (Carballo), CEIP Galán (Oseiro-Arteixo), CEIP G. Torrente Ballester (Sigrás-Cambre), CEIP J. Rodríguez Otero, (Buño-Malpica), CEIP Manuel Murguía (A Coruña), CEIP María Pita (A Coruña), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Montel Touzet (A Coruña), CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (A Coruña), CEIP Ramón de la Sagra (A Coruña)

O colexio onde Xela Arias estudou a partir dos sete anos e onde estudaron tamén os seus irmáns acolleu a presentación do proxecto Primavera das Letras en 2021. O evento contou coa colaboración dunha representación de alumnas e alumnos do colexio, que representaron distintos momentos vitais de Xela Arias e lles puxeron voz a varios dos seus poemas. Nos blogs do EDLG e da biblioteca cóntannos doutras actividades realizadas en homenaxe a Xela.

Como en anos anteriores, o Departamento de Lingua Galega desta escola, a través do seu proxecto Cinema Porviso, elabora un telexornal dedicado á figura homenaxeada no Día das Letras Galegas.

O alumnado de primaria envíanos este vídeo cunha composición musical titulada "Mulleres nas Letras Galegas" e o alumnado de secundaria elaborou unha peza sobre Xela Arias.

A biografía de Xela Arias, Xoga con SuperXela ou A Granxa de Xela son algunhas das actividades elaboradas polo centro.

"As familias tamén contan", a Carreira pola Lingua, un tríptico ou recitado de poemas son algunhas das actividades realizadas no centro. Na web do colexio e na da biblioteca hai varios vídeos que resumen o traballo realizado.

Tres ligazóns resumen o Día das Letras da escola: a coreografía argallada por unha alumna, o videoclip baseado nun poema de Darío a diario con dramatización baseada en Non te amola, e a actuación ao vivo da canción 'Canto sei' cunha dramatización que narra a biografía de Xela Arias.

No blog O Cantil das Palabras temos o resumo das actividades realizadas polos nenos e nenas desta escola en homenaxe a Xela Arias.

Aquí temos varios dos recursos creados pola escola para festexar o Día das Letras Galegas: o vídeo titulado Letras decoradas e dúas actividades, unha en versión doada e outra en versión difícil.

Marcapáxinas, material para colorear, actividade interactiva, unha exposición a cargo do alumnado de infantil e primaria e unha guía didáctica son as actividades das que nos contan no blog Melloramos o noso galego.

O recuncho de Pistacho, blog da biblioteca desta escola, ofrécenos o vídeo ‘Vida de Xela Arias’, a actividade principal que pechou a homenaxe do colexio á homenaxeada co Día das Letras Galegas. Xela nena, Xela en Xerais, Contos ao teléfono de Gianni Rodari, Xela editora son as pezas propostas nunha obra ten como protagonista o alumnado de infantil 5 anos, e o de primaria de 3ºA, 3ºB e 4º.

No blog da biblioteca, Reino de Fantasía, están as achegas do colexio: un podcast incluído no programa de radio escolar ‘Cobres nas ondas’, onde o alumado de 5º de primaria conta un chisquiño da vida e obra da homenaxeada. Incorpora ademais unha canción gravada en directo, no propio programa, onde interpretan a canción "Darío son(g)", composta polo alumnado de 6º curso, sobre un poema do libro "Darío a Diario". Por outra parte, o alumnado de 4º curso realizou unha presentación con caricaturas e alumnado de 5º e 6º de Primaria móstranos en directo, tanto a canción como unha coreografía creadas polo alumnado de 6º.

Murais, biografía musicalizada, traballos de investigación nas aulas, obradoiros de poesía. Este é un resumo das actividades realizadas no centro durante a súa Semana das Letras Galegas.

Neste vídeo recóllese a peza musical dedicada a Xela Arias elaborada pola escola para conmemorar o Día das Letras Galegas.

A escola realizou unha páxina web especial para recoller a información sobre a homenaxeada. Desde os equipos de biblioteca e dinamización da lingua galega propuxéronse varias actividades: por grupo clase e de xeito colectivo (Mural do Vocabulario..., Contos e Cantos, Cancións e Bailes e outros traballos). Tamén se realizaron programas especiais de ‘Radio na Biblio’.

O alumnado de educación infantil traballou un poema de Xela Arias adicado ao seu fillo Darío. Contouse coa colaboración das familias que achegaron fotografías familiares onde aparecen persoas nas distintas etapas da vida. Ademais musicouse o poema con música propia feita no centro. As voces son do alumnado de infantil e dunha mestra. Nesta páxina cóntannos desta e doutras actividades.

Aquí temos a listaxe de actividades do centro:
- Recursos no blog para compartir coas diferentes aulas.
- En 4º de primaria encargáronse de facer o vídeo sobre Xela Arias.
- 1º e 2º contáronse contos en galego entre eles por recunchos exteriores do cole.
- En 3º contaron un conto que tiñan pintado nun paraugas para un proxecto novo que chamaron "Paracontos"
- En 5º gravaron o seu conto xirando tamén o seu paraugas
- En 6º gravaron o conto do seu libro e fixeron un Kamishibai
- Na ESO están aínda preparando unha obriña de teatro para representar tamén no exterior.

Entre outras actividades, a escola realizou esta serie de actividades para homenaxear e coñecer máis a Xela Arias: 1, 2, 3, 4, 5 e 6.
E aquí temos tamén os carteis elaborados polo alumnado: 1 e 2.

Aquí nos resumen toda a actividade da escola para as Letras Galegas 2021:
Proposta de actividades 3º trimestre: 'Construíndo un mundo mellor!'
- Leo le... Letras Galegas!
- Xela Arias: recursos.
- Obradoiro de poesía Xela Arias: 4º de Primaria.
- Malpica nun mar de letras. O exército das paxariñas.
- Letras Galegas e Laboratorio de Son.

Así conmemoraron no colexio o Día das Letras Galegas dedicado a Xela Arias:
- Pasapalabras sobre Xela Arias, realizado polo alumnado de robótica (6º curso).
- Listaxe con poesías de Xela Arias recitadas polo alumnado de 2ºA, 3ºB, 5ºB, 6ºA e 6ºB.
- Recursos creados en Genially, que inclúen biografía e cuestionarios, tanto para infantil como para primaria.

Durante a semana previa ao Día das Letras Galegas o alumnado dedicou a hora de lectura diaria a textos escritos ou traducidos por Xela Arias. Cos carteis facilitados polo Seminario Galán fixeron no patio unha xincana contestando preguntas, e obtendo as respostas nos carteis. Ademais, realizaron esculturas inspirándose nos poemas de ‘Tigres coma cabalos’ e cada aula escolleu unha palabra que a representara. Aquí podemos ver o resumo.

Un programa de radio especial na emisora escolar, representación de obras de teatro, decoración de corticeiras e un festival, no que non faltaron as actuacións musicais e o baile. Cóntannolo no blog da biblioteca.

Proxecto de Pop Art con Xela Arias.
Vídeo con imitacións de portadas de libros en galego.

Nesta serie de dous vídeos, explícannos a historia creada cos nenos e nenas da escola arredor de Xela Arias. No primeiro podemos ver o relato que introduce ao xogo sobre Xela e no segundo vídeo a solución da historia e imaxes das tarefas realizadas no xogo.

A escola organizou o festival 'Faladoiro dixital de Primavera' dedicado a Xela Arias. As actuacións quedaron expostas nun mural colaborativo que publican no blog As palabras máis fermosas do Laxeiro.

Na Semana das Letras Galegas a escola uniu a tecnoloxía coas letras na actividade Xela Arias co código. Por outra parte, o alumnado de 5º recolle en vídeo a súa actividade “En defensa do galego”.

Neste vídeo resumen os eventos principais en homenaxe a Xela Arias. Ademais, nestoutro vídeo explícannos a actividade sobre bolboretas, onde cada clase escolleu unha, estudando a súa vida e entorno, e o interactivo realizado ao respecto.

Así xogaron e fixeron versións de poemas o alumnado da aula B de tres anos da escola, en homenaxe a Xela Arias. Por outro lado, o alumnado de 5º de primaria fixo na súa emisora escolar ‘Cadea 18’ un podcast sobre o Día das Letras Galegas e Xela Arias.

A partir da idea da Xela nena que ilustrara o libro ‘Os soños na gaiola’ de Manuel María, propuxéronlle ao alumnado de infantil faceren un mural en formato de crebacabezas con diferentes técnicas artísticas. En primaria a proposta foi elaborar ilustracións a partir dunha preselección de versos da autora homenaxeada. Na web poden verse os traballos dixitalizados. Por outro lado, desde o EDLG fixeron unha biografía para montar unha gravación que as alumnas e alumnos reproduciran tendo de fondo unha imaxe relacionada. Asemade para completar a montaxe contaron coa colaboración de Fran Alonso, actual director da Editorial Xerais e gran coñecedor de Xela. Para as actividades contaron con material e permisos fornecidos pola Fundación Manuel María e o grupo A Banda da Loba.

O alumnado de 4ºB aproveitou o III Concurso de Podcast Radio na Biblio, para elaborar unha peza sobre Xela Arias. Posteriormente realizaron tamén un programa máis amplo sobre a autora e mesmo un programa específico para a entrega de premios do concurso especial organizado sobre Xela. Por outra parte, o alumnado de 6º fixo un boletín informativo sobre a homenaxeada e no blog da biblioteca realizaron ademais unha peneira de materiais.

“Como eras cando nena?”. É unha das preguntas que lle fai a unha imaxinada Xela Arias o alumnado do colexio na entrevista especial que nos achegan en vídeo, xunto coa súa actividade ‘Sementando palabras’.

A biblioteca escolar Paula Carballeira cóntanos algunha das actividades: “Traballamos con códigos QR e cos robots. Recitamos os seus poemas. Coas familias, fixemos muraliños coas súas palabras. Elaboramos marcapáxinas e chapas (as de Primavera das Letras, precisamente). E, como nos gusta celebrar as letras no bosque, pintamos follas cos seus versos, para colgar da sobreira”.
- Escornabot Xela
- Escornabot Arias
- Escornabot obra
- QR 1
- QR 2
- Xela en palabras
- Darío nos Casais
- Letras Galegas 2021

A música de Pakolas, a elaboración dun mural en homenaxe a Xela Arias e a publicación dun novo número da súa revista ‘A pita faladora’ son as actividades principais da escola arredor do Día das Letras Galegas 2021.

No blog da biblioteca da escola, O Recuncho de Mila, temos un resumo das actividades en homenaxe a Xela Arias, nun vídeo onde participou todo o alumnado, dende 4º de infantil ata 6º de primaria.

‘Olladas e risos’ e o título do conto escrito por un ex alumno da escola que hoxe xa ten 12 anos e ao que lle puxo debuxos actual alumnado de 5 anos. Podemos ver o resultado nun vídeo. Os nenos e nenas tamén realizaron carautas e retratos personalizados de Xela Arias. Por outra banda, cada aula elaborou un gran crebacabezas, onde cada clase se ocupou dun tema: a presentación da escritora, as profesións que tivo, os lugares onde viviu e traballou etc. Con todos, formaron un mural xigante. Por último, alumnado de 4 anos realizou carautas en lembranza de Rosalía de Castro, aprendendo máis sobre quen foi a escritora homenaxeada nas Letras Galegas de 1963.

O obradoiro ‘pi-XELA-me’ no que os nenos e nenas traballaron a figura de Xela Arias empregando distintas técnicas audiovisuais (croma, stop motion, fotografía...) é a actividade principal durante o Mes das Letras Galegas da escola. Nun informativo especial recompilan o traballo nas aulas.

O Bloguesquío, a web da biblioteca da escola, publica o resumo das actividades: ‘A festa das Letras’ inclúe actuacións preparadas nas aulas coma homenaxe a Xela Arias, unha romaría campestre como festa de fin de proxecto e unha montaxe de todo o alumnado do colexio tocando o himno galego.

A comunidade educativa destas cinco escolas uniu esforzos para a celebración das Letras Galegas en homenaxe a Xela Arias. Amósannos o resultado neste vídeo.

No blog da biblioteca da escola, ‘Rakonto’, podemos ver un vídeo co resumo do traballo realizado polo alumnado para a celebración do Día das Letras Galegas.

Destacan para nós desde esta escola a adaptación do conto ‘A fraga dos paxaros faladores e a fraga leopardicia’ realizada polas nenas e nenos sobre o escenario e que podemos ver neste vídeo.

- Elaboración dun mural dixital con enlaces a distintas actividades xa elaboradas por outros centros e algunha da propia escola.
- Música tradicional no día a día con cancións tradicionais e unha actuación dun grupo de música da vila.
- Mural colaborativo de Educación Infantil, 1º e 2º de primaria.
- Obradoiro de poesía sobre Xela Arias.
- Programa de radio con especiais adicados ás Letras Galegas e a Xela Arias.

Actividades plásticas, comunicación lingüística, música, robótica... organizadas polo equipo de biblioteca, biblioteca creativa, ENDL e AAEE, Aula de música e plástica.
- Exposición de marcos de fotos realizados con material de reciclaxe con retratos do alumnado inspirados nos versos de Xela Arias. Publicado no blog da biblioteca escolar A Sombra do Érbedo.
- Visita sorpresa de robots cargados con versos de Xela Arias e flores feitas ca impresora 3D. O alumnado de 6º levou os robots ata as aulas para facer a entrega dun poema e dunha flor en 3D.
Robótica, poesía e impresión 3D na celebración das Letras Galegas 2021.
- Coreografía e canción interpretada polo alumnado de 5º e 6º nun acto do centro. Intempériome. Hasme oír.
- Lectura e recitado de poemas da autora a través da megafonía, Muiñeira "E pousa pousa" de Uxía Lambona e interpretación conxunta do "Himno Galego" no patio. Resumo das actividades na páxina web do cole.

Achégannos un vídeo coa participación do medio cento de nenas e nenos da escola ilustrando versos de Xela Arias. Cada aula ilustraba dous versos, e os maiores tamén o retrouso. A canción é unha adaptación de anacos de poemas de Xela Arias, adaptada e con música de Susa Herrera. O alumnado de 3º ciclo foi o encargado de cantar e tocar con instrumentos de placas e Paula García, a mestra de música, acompañaba coa zanfona.
Por outro lado, o propio Día das Letras Galegas organizaron o seguinte:
- O 2º ciclo, fixo unha biografía de Xela Arias, acompañada de instrumentos de percusión galegos.
- O 1º ciclo fixo unha obriña de teatro dunhas bruxas, baseado nun conto de Xela Arias.
- O 3º ciclo interpretou a canción utilizada para a montaxe audiovisual : "Busco o modo de te acompañar"
Unha vez rematadas estas actuacións ao aire libre, cada grupo marchou á sua aula para facer un taller de chapas; na chapa podían poñer por que lles gusta falar galego, ou ben escribir e debuxar unha frase feita do noso idioma.

O alumnado de primaria elaborou un audio-conto sobre o libro ‘Non te amola!’. O alumnado de infantil fixo un mural con material de refugallo, tras traballar as diferentes propostas didácticas recollidas na páxina Primavera das Letras, “na que vimos unha Xela moi comprometida co medio ambiente”, cóntannos. As aulas de infantil tamén nos contan cousiñas de Xela nestoutro vídeo. O alumnado de 4 anos ilustrou o poema “Ningún coma ti”. Outras actividades: mini libros sobre a biografía de Xela Arias polo alumnado de 1º Primaria, contacontos en familia ou elaboración de revista da escola. Aquí temos un resumo completo.

Fixeron un crebacabezas sobre Xela e as súas obras e vida, cortándoo en anacos para colorear. Tamén unha unha árbore de Xela (con libros das obras de Xela simulando as follas) e unha romaría virtual (con actuacións previamente gravadas), combinando bailes e música con lecturas de obras de Xela e outras lecturas de cartas a Xela elaboradas polo alumnado de secundaria. Todo no blog do EDLG e tamén neste vídeo da romaría.

‘O souto das letras’ é a actividade principal do colexio, así nola explican: “Aproveitando a contorna rural na que se sitúa o noso centro, decidimos aproveitala como recurso de aprendizaxe e deste xeito xorde ‘O souto das letras’. Cada grupo de alumnos escolleu unha obra escrita en galego e tentamos representar algo simbólico desa obra nunhas árbores, tampouco escollemos calquera árbore, senón árbores autóctonas galegas como son os castiñeiros e os carballos, poñendo en valor estas especies. As pinturas empregadas para a representar graficamente as obras nos troncos das árbores son totalmente inocuas e polo tanto totalmente respectuosas co medio ambiente”. No perfil de Instagram do centro podemos ver o resultado.

En colaboración co Seminario Galán e co ilustrador Carlos Gallego Domínguez, realizaron este vídeo narrado polo alumnado de 5º de primaria. A experiencia foi unha das iniciativas presentadas na Xornada do Día das Letras Galegas 2021 organizadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Os equipos de biblioteca e dinamización traballaron xuntos nunha homenaxe a Xela Arias para a que decidiron destacar a súa faceta de tradutora. Ao longo da semana das Letras Galegas, nas sesións adicadas á lectura “centrámonos na obra ‘Contos ao teléfono’ dando valor á importancia do idioma e a ampliar o vocabulario do alumnado en galego. Creamos un vídeo dicionario coas palabras que mais nos gustan do noso idioma, onde colaborou toda a comunidade educativa”.

Na ferramenta Kahoot elaboraron este conxunto de actividades sobre Xela Arias, tamén un vídeo sobre a vida e obra da autora, un xogo de escape e nestoutro vídeo recóllese a actividade de recitado e ilustración do alumnado de 1º e 2º de primaria.

Na ampla peneira de recursos que podemos atopar na páxina especial da aula virtual do centro sobre Xela Arias, hai catro apartados de colleita propia que destacan para nós: o díptico, a biografía, un brincaletras e un conxunto de actividades interactivas.

O Día das Letras Galegas foi o escollido para agasallar a gañadoras e gañadores do Certame Literario da escola. A bolsa que se lles regalou, fai mención ao traballo desenvolvido no proxecto dedicado a personalidades galegas do século XX. Os traballos premiados poden verse na revista escolar anual, que inclúe tamén o monográfico sobre Xela Arias. No blog Habelas Hainas 7.0 recóllese todo o traballo relacionado coa lingua galega.

Elaboraron esta presentación gráfica para coñecer a figura e obra de Xela Arias e gravaron un vídeo cunha representación do alumnado recitando poemas da autora.

Partindo dos recursos da rede cada aula realizou diferentes actividades sobre Xela Arias ao longo do mes de maio. Tamén recibiron a visita de Paco Nogueiras para conmemorar dun xeito festivo e lúdico a festa das Letras Galegas. Nos blogs do ENDL e da biblioteca recóllense todas as actividades relacionadas.

O libro ‘Darío a Diario’ foi o eixo principal da actividade de recitado de poemas organizada polo alumnado de 5º e 6º de primaria e que se recolle neste vídeo.

No blog Sentindo o Galego comparten unha presentación gráfica realizada en homenaxe a Xela Arias.

Este blues de Xela Arias, con música e versos acompañado das creacións artísticas do alumnado e a voz do profe Nacho é unha das actividades principais do centro. Ademais, aproveitando os micrófonos da radio da escola, elaboraron este programa especial, titulado ‘Tes que plantarte con Xela Arias’.

A escola homenaxeou a Xela Arias facendo unha exposición de retratos e caricaturas da autora.
En cada grupo burbulla traballáronse contidos interactivos e fichas imprimibles tanto de elaboración propia como as do seminario Galán. Ademáis, co grupo Dinamo, fixeron unha xincana das letras. Podemos velo todo aquí. (hai que premer en “Acceder como convidado”)

Durante a semana das Letras Galegas o alumnado do centro revisou materiais na rede, participou na actividade Xeliña fala galego, convertéronse en poetas cun obradoiro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, representaron a canción “Meu mundo é”, asistiron ao espectáculo “Senlleiras” de Pedro Brandariz, fixeron un concurso de caricaturas e elaboraron chapas e marcapáxinas, afondaron nas suxestións da biblioteca, xogaron no obradoiro “Quen dis que é?”, interpretaron a "Muiñeira de Ponte Sampaio" e contactaron con alumnado doutros recunchos de Europa para celebrar as Letras Galegas.

No web do EDLG podemos ver un vídeo presentación do “Espazo para as Letras”. Tamén temos toda a información sobre as actividades arredor da biografía e obra de Xela Arias neste documento que nos envían.