Poemiña do señor regato do Cepelo

A ríos e regatos lle adicou Manuel María os seus versos. Recuperamos un destes poemas.

Convidámosvos primeiro a ler este poema en voz alta. A continuación, atoparedes unha sopa de letras onde agochamos ata dez palabras extraídas destes versos. A ver se sodes quen de atopalas!

Poemiña do señor regato do Cepelo

Nunca tiveches unha arela
de tan humilde e sinxelo:
– meu regato do Cepelo,
das Regas ou da Barciela!
Malia o teu nome sonoro,
es regato e non río:
o teu caudal tan esquío
nunca encherá un encoro!
Mais dis con xentileza,
leve vea rumorosa,
unha canción misteriosa,
dunha asombrosa beleza.

 

*Tes dúbidas con algunha das palabras? Podes usar o dicionario en liña da Academia para procurar todos os significados!