Don Paco foi un amante das viaxes. Fíxoas ben lonxe, mesmo cruzando o océano Atlántico, pero tamén coñeceu, por suposto, Galicia enteira. Atopa nesta sopa de letras algúns dos lugares do noso país e doutros recunchos do planeta dos que gardou recordos especiais. E se non os coñeces, anímate a viaxar coa imaxinación tras buscares información sobre eles!
Máis actividades
Ver máis
Palabras para unha vida
Esta sopa de letras ten agochadas unha serie de palabras cun valor moi especial na traxectoria de Francisco Fernández del Riego. Atrápaas se podes!

Palabras remexidas
Algunhas palabras das páxinas que escribiu don Paco sobre a súa infancia saíron voando. Es capaz de volver poñelas no seu sitio?