Nesta sopa de letras agóchanse os nomes de varios personaxes de Morgana en Esmelle, a novela en que Begoña Caamaño se inspirou nas lendas da Idade Media coñecidas como materia de Bretaña ou Ciclo Artúrico, porque están centradas nas aventuras do rei Artur e os seus cabaleiros. Pero a nosa escritora preferiu darlles o protagonismo a Morgana e Merlín, que tamén andan polo medio de tantas letras. Seredes quen de atopalos canda os demais?

Máis actividades

Ver máis