Edicións anteriores
cantareiras 2025
  • Letras Galegas 2025
    • As Letras das
      cantareiras
    • Xoga connosco
    • Vídeos
    • Outros recursos
  • Lingua Guapa
    • A película
    • Series
    • Colaboracións
  • Edicións anteriores

Xela Arias

Día das Letras Galegas 2021

Xela Arias, o mundo escríbese con X

Canda as flores, na primavera tamén agroman as letras. Ben mesturadas forman poemas e contos marabillosos como os que escribiu a protagonista do Día das Letras Galegas 2021. Pero se hai unha letra que nos abre as portas ao seu universo esa é o X, tan grande como o que dá inicio ao seu nome: Xela.

A poesía é un tigre sen paraugas

Xela Arias ten un lugar especial na historia das nosas letras polo seu traballo de editora e tradutora, pero, sobre todo, por ser unha extraordinaria poeta. A poesía é un oficio con moita maxia: os poemas son quen de contar o mundo coa palabra e, o que é máis abraiante, incluso poden crear outros universos.

Mans para facer praias

Achegámonos á Xela Arias máis comprometida e inconformista, a que tomou a palabra para defender a paz, o medio ambiente ou a igualdade entre mulleres e homes.

Esas fábricas de papel e soños

Ademais de ser unha extraordinaria poeta e unha referencia na nosa literatura, Xela Arias tamén axudou a que as obras de moitas outras persoas chegasen ás librarías.

A palabra no cribo

Estímase que no noso planeta existen máis de sete mil idiomas diferentes. Imaxinades sabelos todos? Sería unha misión imposible. Para iso necesitamos das tradutoras e dos tradutores, esas persoas que son quen de expresar nun idioma distinto algo dito ou escrito.

Fichas para colorear
  • Letras Galegas 2025
  • Concurso