Marica Campo le un fragmento da súa novela 'E Xoel aprendeu a voar' (2017).

'Das primeiras cousas: autores e autoras da literatura infantil e xuvenil galega' é unha produción da Real Academia Galega protagonizada por distintas figuras das letras galegas con obra destinada aos lectores e lectoras máis novos. Nela comparten como foi o seu espertar á lectura e á escrita, e por que decidiron escribir para a infancia e a mocidade. O proxecto complétase coa lectura de fragmentos de distintos libros na voz dos seus autores e autoras.

'Das primeiras cousas: autores e autoras da literatura infantil e xuvenil galega' é unha iniciativa promovida ao abeiro de Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), un proxecto da Real Academia Galega arredor da infancia desenvolvido co apoio da Deputación da Coruña.