Paco Martín le un capítulo da súa célebre novela 'Das cousas de Ramón Lamote'.
'Das primeiras cousas: autores e autoras da literatura infantil e xuvenil galega' é unha produción da Real Academia Galega ao abeiro do proxecto para o público infantil Primavera das Letras. A serie recolle os testemuños de distintas figuras das letras galegas con obra destinada aos lectores e lectoras máis novos sobre o seu espertar á lectura e á escrita, xunto as lectura de fragmentos de distintos libros na voz dos seus autores e autoras.
Primavera das Letras (primaveradasletras.gal) é unha iniciativa da Real Academia Galega desenvolvida co apoio da Deputación da Coruña.