As cousas de Don Paco

Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta. Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?

Acto primeiro

Donlapis, o reloxo Baldomero, a máquina de escribir Oliva, a cámara de fotos Leica e a lupa Guadalupa repasan a infancia e a mocidade de Del Riego mentres agardan na mañá do 17 de maio a prensa, que non dá chegado.

Descargar

Acto segundo

A dor da guerra e da ditadura non acabou cos folgos de don Paco. Neste acto coñecemos como traballou para sacar adiante a editorial Galaxia e outros proxectos culturais sacando tamén sempre tempo para os amigos.

Descargar

Acto terceiro

A prensa segue sen aparecer, así que Donlapis, Baldomero, Oliva, Leica e Guadalupa terán que argallar unha alternativa ben xeitosa!

Descargar

Obra completa

Se queredes ler a obra dunha sentada, velaquí tendes xuntiños os tres actos d'As cousas de don Paco. Biografía en 3 actos de Francisco Fernández del Riego.

Descargar

Actividades interactivas

Ver máis

Vídeos

Ver máis