Reunións para cantar e bailar
En galego temos unhas palabras para lles chamar ás reunións nas que cantamos e bailamos as nosas coplas, algunhas delas sinónimas.
As Ferreñas é teatro, pero tamén é radio, e poesía, e moitas outras cousas. Un texto de Paula Carballeira ilustrado por Nuria Díaz.
Descargar
Cantan cantigas de sempre, pero sonvos ferreñas do século XXI. As protagonistas desta historia canda as cantareiras preséntanse na escena coa que subimos o pano!
Descargar
Comeza o programa radiofónico especial con cantigas para escorrentar o frío do inverno.
Descargar
As Cantareiras das Letras incorpóranse ao programa de radio. Adiviñades como se presentan chegadas dende Mens, Cerceda e Muxía? Ou... desde o Alén? Pero non teñades medo!
Descargar
As Ferreñas e as Cantareiras das Letras pícanse. É un pique entre o presente e o pasado, que sempre acaba en futuro.
Descargar
Como adoita acontecer no teatro, acaban os piques en festa, resólvense os conflitos e levántase o ánimo. Ilusión e esperanza, que nos fai boa falta.
Descargar
En galego temos unhas palabras para lles chamar ás reunións nas que cantamos e bailamos as nosas coplas, algunhas delas sinónimas.
Para cantar as nosas coplas o indispensable é aprendermos os versos e facer soar a nosa voz.