O CEIP San Vicenzo de Vimianzo amosa na súa páxina web unha mostra do traballo feito na Semana das Letras Galegas. O alumnado bailou unha muiñeira, elaborou coa axuda das familias un mural coas palabras da nosa lingua elixidas como favoritas e coñeceu a vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán a través de diversas actividades.