Os nenos e nenas de Sada y sus Contornos, un dos colexios da vila onde Luísa Villalta foi máis tempo profesora, celebraron as súas Letras Galegas con grande ilusión e unha morea de iniciativas ben fermosas. Entre outras cousiñas, levaron á escena unha adaptación teatral de Violino, inglesa e o libro xigante chulísima.