No CEIP Randufe prepararon un proxecto, en colaboración con toda a comunidade educativa, chamado "Viaxando no tempo con Florencio Delgado Gurriarán". Cos mesmos lentes da Primavera das Letras que crearon Ledicia Costas e Blanca Millán, detivéronse nos momentos máis importantes da vida do noso escritor. No vídeo de resumo que comparten con todas e todos nós podedes ver o resultado.