
Unha celebración das Letras Galegas con moita arte! Os nenos e nenas de 6º do colexio Os Casais entrevistaron na radio o artista valdeorrés Roi Domínguez, autor dunha escultura do noso poeta, e o conxunto da escola celebrou unha xornada titulada "O galego mola". Nela púxeronse en valor o noso patrimonio cultural material e inmaterial cun protagonismo especial, como non, da nosa lingua.