O CEIP da Igrexa de Cee é coma unha familia. Os vinte nenos e nenas e as mestras que forman parte desta comunidade educativa recitan "Galicia infinda" e viaxan polo mundo adiante no vídeo gravado co gallo das Letras Galegas de Florencio porque, como di o noso poeta "todo é Terra Galega!".