
As Fitas de cores a prol da lingua é unha das iniciativas que o CEIP Juan Fernández Latorre desenvolveu co gallo das Letras Galegas 2022. A idea gustou tanto que se sumaron a ela a Escola Infantil Carricanta, a Asociación de Veciños IAR e a Biblioteca Municipal e o Centro Cívico do Castrillón. O alumnado tamén bailou e cantou versos de Florencio, entre outras iniciativas.