A comunidade educativa do CPI Ponte Carreira repasa a súa celebración das Letras Galegas 2022 no blog do equipo de dinamización lingüística do centro. O alumnado recortou e púxolle cor ao quebracabezas sobre a vida e a obra de Florencio deseñado por un docente, fixéronse lecturas do autor, caretas e concursos de carteis e celebrouse a XIV Romaría das Letras Galegas, entre outras actividades.