No CEE Saladino Cortizo non quedou ninguén sen celebrar as Letras Galegas 2022. O alumnado de todas as etapas, dende primaria ao tránsito á vida adulta e a FP básica, participou en actividades moi diversas arredor de Delgado Gurriarán e a lingua galega. Podcasts, carteis e textos ilustrados sobre Florencio, versos do autor en pictogramas e xogos florais son algunhas das propostas que podedes coñecer no blog da biblioteca escolar.