Cada clase deste cole de Tomiño escolleu un poema ou estrofa de Florencio Delgado Gurriarán e plasmou o que lle inspiraba mediante, debuxos, poemas propios ou traballos manuais. A actividade conxunta de centro consistiu en elaborar un mural que recoller o espírito do exilio de Florencio Delgado Gurriarán. Cada clase escolleu un zona de Galicia e buscou fotos dela. Con elas, crearon postais nas que escribiron poemas. Deste xeito, invitouse ao alumnado a coñecer distintos recunchos de Galicia e a valoralos, tal e como fixo Florencio dende México.