Un crebacabezas da caricatura de Florencio Delgado Gurriarán, decoración con vasos de cartón con versos de Florencio para gozar dun “grolo de lectura” ou o apadriñamento simbólico de árbores para poñer en valor o patrimonio natural e o seu léxico. Son as propostas do colexio La Merced de Sarria para celebrar as Letras Galegas 2022 que podedes coñecer. no vídeo que comparten connosco.