Nas seis escolas que conforma o colexio rural agrupado de Valga recitaron poemas de Florencio Delgado Gurriarán, elaboraron o seu maio e despois debuxárono. Tamén realizaron saídas para apañar todo o necesario: fieito, anís... A actividade foi difundida nas redes sociais do CRA e do Concello de Valga.