A Primavera das Letras desta escola ourensá comezou cunha tripla celebración dos días da poesía, a auga e a árbore cunha homenaxe á contorna que tanto reivindicou Florencio. O alumnado tamén pintou a Delgado Gurriarán; na festa dos Maios cantouse o seu poema “Aí vén o maio”; o día 17 houbo unha festa ben divertida e diversa, con música e un crebacabezas, entre outras propostas; e o mes das Letras Galegas concluíu cunha xornada de xogos enxebres.