O colexio compostelán centrou a conmemoración do Día das Letras na elaboración dunha xincana de xogos relacionados coa lingua e cultura galegas. Cada clase elaborou un xogo que despois ensinou ao resto de grupos do mesmo ciclo. Foi un traballo de semanas, preparando materiais, normas... Quedou todo recollido no vídeo que comparten connosco (acceso como convidado/a).