O Seminario Galán nunca falta entre as páxinas que sempre recomendamos para profundar dende a escola na vida e na obra da figura á que rendemos homenaxe cada 17 de maio. Nela atopamos moitos e moi bos recursos elaborados por mestras e mestres de 18 colexios.