O colexio do concello natal de Florencio Delgado Gurriarán, como outros da comarca, sumouse hai xa anos á campaña a prol das Letras Galegas para o poeta. Neste 2022, entre outras moitas cousas, foi anfitrión da presentación do proxecto Primavera das Letras e acolleu a presentación da presente edición. Recibíronnos con varias dramatizacións da obra do autor e a adaptación musical do poema “Vente, ventiño do norte” realizada polo mestre de música, Jaime Díaz Paradelo,