
A celebración das Letras Galegas 2023 implicou no Fogar Santa Margarida actividades durante todo un trimestre. Entre outras propostas, fixéronse xogos para poñer a proba os coñecementos sobre Fernández del Riego e outros para reforzar e ampliar vocabulario dun xeito divertido, sempre implicando as familias e outros centros educativos.