Dende cole de Cee apostaron pola arte para celebrar o 17 de maio. Co lema As nosas Letras, as de todos, decorouse o centro con fitas de cores con fragmentos de obras de don Paco, penduráronse debuxos no exterior do centro e fíxose un repaso pola historia da nosa lingua, e tampouco faltaron as representacións de homenaxe.