Edicións anteriores
cantareiras 2025
  • Letras Galegas 2025
    • As Letras das
      cantareiras
    • Xoga connosco
    • Vídeos
    • Outros recursos
  • Lingua Guapa
    • A película
    • Series
    • Colaboracións
  • Edicións anteriores

Antonio Fraguas

Día das Letras Galegas 2019

Antonia Fraguas, o tesouro da cultura popular

O autor ao que este ano a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras ocupou toda a súa vida en dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio colectivo indispensable para comprendermos a nosa personalidade como pobo.

A cultura máis próxima

Antonio Fraguas foi un dos grandes valedores da cultura popular, esa herdanza que cada xeración lle transmite á seguinte para axudarlle a interpretar o mundo, e que é a orixe de todo.

Fraguas, eu, ti, todas...

Con Antonio Fraguas aprendemos que para saber quen somos é fundamental coñecer de onde vimos. Convidámosvos a dar un paso máis aló, a descubrir que ao voso carón hai unha chea de tesouros culturais. Están a disposición de calquera que teña o ollo, o oído e, sobre todo, a mente ben aberta. Comezamos a viaxe!

O galeguismo, unha panca na historia

Antonio Fraguas foi un galeguista, un defensor de Galicia e dos dereitos da súa cidadanía. Se ao longo do século XIX xa houbo numerosas voces que loitaron por un maior recoñecemento da identidade de Galicia, foi no XX cando o galeguismo se converteu nun movemento decisivo. En certa maneira, a vida do noso autor correu paralela a esa conquista de dereitos.

O Museo do Pobo Galego

Un dos vellos soños do galeguismo era a creación dun museo que recollese a singularidade cultural de Galicia. En 1976, poucos meses despois da morte do ditador Franco, un grupo de intelectuais galegos, vinculados ao mundo da arquitectura e ao da cultura, decidiron converter aquela ilusión nunha realidade plena.

Fichas para colorear
  • Letras Galegas 2025
  • Concurso