Edicións anteriores
cantareiras 2025
  • Letras Galegas 2025
    • As Letras das
      cantareiras
    • Xoga connosco
    • Vídeos
    • Outros recursos
  • Lingua Guapa
    • A película
    • Series
    • Colaboracións
  • Edicións anteriores

Ricardo Carballo Calero

Día das Letras Galegas 2020

Ricardo Carballo Calero, letras para contar un país

Na televisión, na radio, na rúa, na escola... este 2020 imos escoitar falar moito de Ricardo Carballo Calero, autor ao que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas. Pescudaremos que hai detrás deste nome.

Os buscador de libros

Ricardo Carballo Calero nunca se converteu en mariño, como imaxinara de mozo, pero embarcouse noutro proxecto titánico: investigar a vida e obra de centos de homes e mulleres que escribiron libros en galego.

De Vieiros a Scórpio

Ricardo Carballo Calero foi un lector apaixonado dende neno. A súa familia tiña interese pola cultura e na biblioteca da casa había libros de coñecidos escritores estranxeiros (Alexandre Dumas, Vítor Hugo...) e tamén de grandes figuras da poesía galega, coma Manuel Curros Enríquez ou Rosalía de Castro, unha autora que despois sería determinante na súa traxectoria como escritor e investigador da literatura.

Unha lingua honoris causa

Ricardo Carballo Calero fixo historia ao se converter en 1972 en catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega. Por primeira vez o noso idioma e as nosas letras entraban pola porta grande da universidade.

Unha cultura, catro continentes

Ata finais do século XIV, as xentes dunha e doutra beira do río Miño compartían a mesma lingua: o galego-portugués. O paso do tempo e acontecementos históricos moi importantes, como a independencia de Portugal, favoreceron que esa lingua orixinal se dividise en dous idiomas distintos.

Fichas para colorear
  • Letras Galegas 2025
  • Concurso