Sopa de títulos villalteses
Atopa as voces que che propoñemos tiradas de títulos de obras da nosa amiga Luísa.
Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta é un conto para coñecer a vida da autora das Letras Galegas 2024 na mellor das compañas posibles”
DescargarViolino, Inglesa e a nena de ollos verdes lévannos ata a infancia de Luísa Villalta nesta sala 1 do libro xigante.
DescargarO vento lacazán da Coruña tráenos o recendo do mar e máis detalles da vida e da obra da nosa autora.
DescargarEntramos nun auditorio cheo da música que acompañou a Luísa Villalta e sobre a que tanto escribiu. Descubrimos ademais o seu amor polo teatro.
DescargarMergullámonos nunha fraga máxica, interpretamos O paseo das esfinxes e coñecemos a Luísa Villata como profesora.
DescargarNesta sala coñecemos a Luísa Villalta máis reivindicativa, defensora da paz, do coidado do medio natural ou da igualdade.
DescargarToca buscar a saída do libro xigante de Luísa Villalta. Non se nos ocorre mellor maneira que facelo na compaña de... Lede e descubrídeo!
DescargarAtopa as voces que che propoñemos tiradas de títulos de obras da nosa amiga Luísa.
Escaparon palabras de versos de Luísa sobre a súa cidade. Axúdasnos a colocalas de volta no seu sitio?
Atopa neste mar de letras os seguinte topónimos coruñeses.
Viaxamos ao pasado medieval do país cunha das novelas da nosa autora e a túa axuda.
Pasarás este test sobre a nosa escritora? Le primeiro a pequena biografía dela que che presentamos e has atinar todo!