A celebración das Letras Galegas de Luísa Villalta no cole de Frades arrincou no Día da Poesía con recitados do alumnado e o violín dunha das súas estudantes, Nadya. A Romaría das Letras e carteis sobre a autora son outras das propostas que se resumen no blog do seu equipo de dinamización lingüística.