Unha teatralización sobre a vida do homenaxeado, música, poesía e a interpretación do Himno para rematar foron os ingredientes centrais da celebración do Día das Letras Galegas 2022 neste colexio eumés. Con esta festa os alumnos e alumnas puxéronlle o ramo ao traballo feito previamente para coñeceren a vida e a obra de Delgado Gurriarán.