Mar de títulos
Atopa as palabras que nomean os libros de Florencio
Ola, estou aquí! Recíbesme? Parece que si! Antes de nada tes que saber algo importante: estou un pouco nervioso.
DescargarTeño os prismáticos no ano 1928. Estou vendo a través deles cousas que provocan que o meu corazón bata coa forza dun tambor.
DescargarEn xullo de 1936 sucederon cousas terribles que aínda a día de hoxe me provocan arreguizos. Supoño que lles escoitarías falar disto aos maiores nalgunha ocasión.
DescargarA bordo do Ipanema iamos case mil refuxiados políticos. A ver se consigo explicalo ben: todas as persoas que viaxabamos nese barco tivemos que fuxir ao estranxeiro buscando protección.
DescargarAtopa as palabras que nomean os libros de Florencio
Ao noso Florencio moito lle gustaban as festas con música e baile!
Remexéronnos estas imaxes. Axúdanos a ordenalas seguindo a vida de Florencio Delgado Gurriarán.
Como se chama a aldea ourensá na que que naceu Florencio Delgado Gurriarán? Cal é o nome do barco no que escapou da guerra cara a América?
Un trasgo fedellou nos versos do poema, saberás reparar a desfeita colocando as palabras onde corresponde?
Caéronnos nesta sopa de letras unhas cantas palabras do poema “Nomes” de Galicia infinda.
Programa de radio realizado polo alumnado de 1º A e 1º B do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras en homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.
O alumnado de 2º B do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras réndelle homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán recitando "Meu Córgomo de Valdeorras".
O alumnado de infantil do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras recita o poema que abre 'Bebedeira' (1934), primeiro libro de Florencio Delgado Gurriarán.
Neste vídeo alumnas e alumnos do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras realizan unha entrevista sobre o poeta e bailan ao ritmo da canción "Ai! Ho! Galego"